Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa

Unha indisposición do intérprete compostelán imposibilita a súa viaxe a Compostela

Será Carmen Claudín a que presidirá a conmemoración do centenario de Jorge Semprún

Dez películas de Cineuropa 2023 que non te podes perder

Luis Zahera en la ceremonia de los Goya 2023

Luis Zahera en la ceremonia de los Goya 2023 / Archivo

A entrega do Premio Cineuropa ao actor Luis Zahera vai ter que agardar. Unha indisposición do intérprete compostelán imposibilita a súa viaxe a Santiago, polo que o galardón se apraza á 38º edición do festival.

Zahera pediu ao equipo do festival que trasladase ao público a súa pena por non poder acudir a esta cita, así como o seu desexo de reencontrarse coa veciñanza de Compostela na próxima edición.

Neste senso, a organización do festival confirmou a este medio que os premios Cineuropa a Ana Torrent e a João Canijo si se entregarán nesta edición.

Así mesmo, Cineuropa mantén a proxección do filme El Reino, prevista para a tarde do 15 de novembro.

Carmen Claudín substituirá a Costa-Gavras

No tocante a Costa-Gavras, unha intervención cirúrxica menor pero non prevista tamén lle impedirá viaxar á capital galega.

Así, será Carmen Claudín a que presidirá a conmemoración do centenario de Jorge Semprún, en substitución de Costa-Gravas., sendo outra das personalidades máis próximas a Semprún.

Ao igual que Zahera, o director expresou a súa fonda tristeza por non poder participar neste acto de homenaxe aquen foi un gran amigo e compañeiro na viaxe creativa.