Cineuropa 37 reivindica o papel subversivo da comedia nesta nova edición

O certame contará cun total de 115 filmes e numerosas actividades paralelas entre o 9 e o 25 de novembro en Compostela

Os premios Cineuropa 2023 son para o actor Luis Zahera, o director portugués João Canijo e a actriz Ana Torrent. E tamén vai estar Costa-Gavras nun tributo a Jorge Semprún

Presentación da nova edición de Cineuropa en Santiago

Presentación da nova edición de Cineuropa en Santiago / Cristina Marchán

A cita cinéfila por excelencia de Santiago, Cineuropa, volve a capital galega nunha edición que reivindica a comedia clásica e a capacidade do cinema para transportarnos a un mundo tolo, tolo, tolo.

Será o filme arxentino Puan, comedia dirixida por Benjamín Naishat e María Alché, gañadora da Cuncha de Prata ao mellor guión no festival de San Sebastián, o encargado de abrir a 37º edición de Cineuropa, o vindeiro xoves 9 no Teatro Principal de Santiago.

Desta forma, Cineuropa 37 achegará un total de 117 películas que se complementan con dous concertos e con numerosas actividades especiais que se desenvolveran na capital galega entre o 9 e o 25 de novembro.

Premios Cineuropa 2023

Os premios Cineuropa distinguen este 2023 a traxectoria do actor Luis Zahera, do cineasta portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent.

Premios Cineuropa 2023

Premios Cineuropa 2023 / Cineuropa

Tributo a Jorge Semprún

O festival Cineuropa 2023 ten apoios institucionais do Consorcio de Santiago, cunha subvención de 140.000 euros, máis 65.000 da Deputación da Coruña.

Despois dunha pregunta de EL CORREO GALLEGO, o director do certame, José Luis Losa, lembrou que a cifra de asistencia media do festival é de 20.000 persoas, nivel de resposta que tamén esperan acadar nesta edición onde as entradas poden mercarse desde o vindeiro martes con despacho de billetes na Zona C e na web. Na presentación estiveron tamén, a deputada de Cultura de la diputación provincial, Natividad González e a Concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao.

E tamén vai estar na edición deste ano o cineasta Costa-Gavras, xa que a cita da capital galega vai conmemorar o centenario do nacemento do escritor e ex Ministro de Cultura, Jorge Semprún, quen traballou co director natural de Atenas en filmes como La Confesión. A programación vai ter como base o Teatro Principal pero tamén ten sedes no Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, a sala Numax, os Multicines Compostela, o CGAC e a Zona C.

De izda. a dcha., Costa-Gavras, Jorge Semprún e Yves Montand en la época que rodaron La confesión.

De izda. a dcha., Costa-Gavras, Jorge Semprún e Yves Montand en la época que rodaron La confesión. / ARCHIVO DE EL PERIÓDICO DE ESPAÑA

Cineuropa conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia, o Consultado da República Arxentina en Vigo, e o Instituto Camoes, e co patrocinio das empresasa Yáñez, Paco e Lola, Unicla, Martín Códax e Cafés Candelas.

Xurado Oficial e Novo

Na parte competitiva haberá 12 títulos ante o público e un xurado integrado por Carlos Losilla (Barcelona, 1960), escritor, traductor e especialista en cinema, Valentina Otormin lla (Mercedes, Uruguai, 1993), que leva tempo colaborando con varios festivais, e Álvaro Brechnerlla (Montevideo, 1976 ), director, guionista e produtor.

Xurado Cineuropa 2023

Xurado Cineuropa 2023 / CINEUROPA

E no chamado Xurado Novo vai contar nesta andaina con André Parra Rodríguez, Carlota Álvarez Feijoo, Lucía Ortigueira Piñeiro, Mateo Fernández López e Mike Cruz.