A Xunta mellorará o firme na AC-261 ao paso polos concellos de Boqueixón e Santiago
Esta intervención, adxudicada por un importe de máis de 43.000 euros, comezará nas vindeiras semanas
Rehabilitarase o firme na contorna de Aríns e Lamas
Redacción
A Xunta acometerá novas obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-261 ao paso polos concellos de Boqueixón e de Santiago de Compostela.
Esta intervención, adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por máis de 43.000 euros, comezará nas vindeiras semanas, cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.
As obras consisten na rehabilitación do firme da estrada AC-261 en dous puntos da mesma, en concreto na contorna dos puntos quilométricos 2+000, en Aríns, no concello de Santiago de Compostela, e 8+000 en Lamas, no municipio de Boqueixón.
Os traballos consistirán no fresado e na reposición de 5 cm da capa de rodaxe do firme existente nos citados puntos quilométricos.
A reposición da rodaxe levarase a cabo no ancho completo dos carrís cunha capa de mestura betuminosa en quente.
As obras, que contribuirán a reforzar a seguridade viaria na zona, danlle continuidade ás diversas actuacións de mellora do firme que a Xunta leva acometido nos últimos anos en diversos treitos do trazado desta vía.
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
- A residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras funcionará como hotel durante o verán