VIVENDA

Verea no Foro Cívico: “Deben mudar as políticas de vivenda”

Borja Verea na xunta co Foro Cívico / PP

Borja Verea na xunta co Foro Cívico / PP / ECG

ECG

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, xunto aos concelleiros José Antonio Constela, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, mantivo esta semana unha reunión cos representantes do Foro Cívico, na que lles transmitiu cales son as prioridades do Partido Popular para a capital de Galicia. Segundo informou onte o PP, Verea destacou a vivenda como un dos puntos importantes nos que “deben mudar as políticas que levan desenvolvendo os distintos gobernos BNG, CA e PSOE, que frean o crecemento da cidade”, o que segundo os ‘populares’ “provoca unha evidente falta de vivenda e un incremento do prezo da xa existe”. O líder do PP considera “necesario poñer en marcha iniciativas modernas que incrementen a oferta a prezo asumible”. Para isto, Verea cre que unha das medidas prioritarias debe ser “a mobilización de inmobles baleiros con actuacións como o Bono Vivenda, un programa de aluguer que incentivaría aos propietarios a sacalas ao mercado. No plan do Partido Popular, “con esta ferramenta, o Concello pagaría as mensualidades desde o principio e, a partir de aí, pasaría a xestionar o alugueiro deses inmobles, explican, “poñéndoos a disposicións dos mozos, das familias, das persoas sen recursos e da xente maior, a un prezo asequible”.