Michael Keating: “Tras conflitos constitucionais é normal a amnistía”

O politólogo defende o papel das artes escénicas na loita contra a dereita extrema

Michael Keating foi nomeado doutor 'honoris causa' pola USC o pasado 18 de decembro

Michael Keating foi nomeado doutor 'honoris causa' pola USC o pasado 18 de decembro / USC

O profesor emérito de Ciencia Política da Universidade de Aberdeen (Escocia), Michael Keating, nomeado doutor honoris causa pola USC o pasado 18 de decembro é un claro defensor das “perspectivas nacionais” aínda presentes en Europa. Especializado en nacionalismos, federalismos e organización territorial, o profesor impartiu clases na Universidade compostelá nos anos 90, e foi asesor de varios parlamentos europeos, incluídas as Cortes españolas e o Parlamento vasco, así como asesor en materia de organización territorial de gobernos coma o de Quebec (Canadá). 

En conversa con este diario, Keating asegura, sobre a polémica lei de amnistía que “despois de conflitos constitucionais é normal que haxa unha amnistía” e lembra, “España pactou o olvido sobre crimes do rexime franquista e no Reino Unido mesmo se indultaron asasinos paramilitares”.

No seu discurso como doutorando o día do nomeamento como honoris causa, Michael Keating fixo referencia á crise de 2008 que deu lugar “ao fracaso do paradigma económico”, que deveu no actual “auxe dos populismos”. 

Preguntado por asaltos cidadáns a edificios institucionais, como foi o caso do Capitolio nos Estados Unidos, instigado polo expresidente Donald Trump, ou ás institucións brasileiras (Congreso, Supremo e Presidencia) alentados polo tamén expresidente Jair Bolsonaro, e o papel das redes sociais e dos medios de comunicación na difusión de mensaxes de odio, Keating considera precisos “mellores mecanismos de comunicación”. 

Un destes mecanismos é para o politólogo o establecemento “dos feitos, das realidades e da verdade”, ademais de ser necesario “presentarlle ao público contos distintos aos da dereita extrema, historias positivas de inmigrantes e outras minorías”. Un labor optimista e de solidariedade social para o que Keating ve como axentes primordiais ciencias como as humanidades e disciplinas artísticas como as artes escénicas ou as belas artes.

Na mesma liña, en cuestións ‘conspiranoicas’ como a alarma fronte ás vacinas contra o coronavirus, o politólogo destaca a importancia de que xente teña “un entendemento básico da ciencia e de conceptos coma probabilidade e risco”. “Hai riscos na vacinación”, insiste” “pero os que carrexa a non-vacinanción son moitas veces máis grandes e perigosos”. Un coñecemento científico básico que debe partir das escolas, por exemplo, unha cuestión que Keating aproveitar para denunciar que no Reino Unido “non é obrigatorio estudar ciencias máis alá dos 16 anos.