A rúa de Bonaval estará catro horas pechada ao tráfico os sábados 13 e 20 xaneiro

Quedará cortada entre as 9.00 e as 13.00 horas

Implicará cambios no transporte urbano

A rúa de Bonaval en Santiago

A rúa de Bonaval en Santiago

Redacción

Os sábados 13 e 20 de xaneiro, a rúa de Bonaval quedará cortada ao tráfico entre as 9.00 e as 13.00 horas, por mor da ocupación da vía pública para a realización dunha obra de carácter particular, comunicaron desde o Concello de Santiago.

Por este motivo, os autobuses que circulan pola zona modificarán o seu recorrido. As Liñas 9, 13 e C5 desviaranse continuando por avenida Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Xoán XXIII e San Roque, retomando a partir de aí o seu itinerario habitual. Quedarán suprimidas as paradas (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros, (220) Cruceiro de San Pedro, (154) Campo da Angustia, (557) San Domingos de Bonaval (639) e Valle Inclán La Salle.

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que “desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar”.