Santiago(é)Tapas supera o número de locais inscritos a pesar do cambio de data

O concurso, que conta con 41 participantes, continúa adiante esta semana coa elaboración das propostas na sede da Asociación Hostelería Compostela

Cada participante poderá presentar ata 2 tapas, incluso tres se unha delas está na categoría de sen gluten ou vegana

Comeza Santiago(é)Tapas

Lorena Rey / Javier Rosende

A décimo quinta edición do Santiago(é)Tapas, que se celebrará entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo, contará finalmente cun total de 41 establecementos participantes, tres máis dos inscritos o ano pasado, cando a cita se celebrara no mes de novembro. Finalizado o prazo de inscrición o pasado 10 de xaneiro, o concurso gastronómico continúa adiante esta semana con sesións diarias no local da Asociación Hostelería Compostela, nas que os participantes deberán cociñar as súas propostas nun tempo máximo de media hora diante dun xurado conformado por dous profesores da Escola de Hostalaría de Lamas de Abade, que se encargará de revisar a receita e garantir a calidade das tapas presentadas a concurso.

Cada participante pode presentar ata dúas tapas, incluso tres se unha delas está na categoría de sen gluten ou vegana. Ademais, durante estas sesións tamén se realizarán as correspondentes fotografías que se utilizarán na cartelería.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, acompañada da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e Flavia Ramil, xerente de Turismo de Santiago, asistiu onte ao proceso de preselección de Santiago(é)Tapas, incidindo na importancia da colaboración publico e privada. Louzao destacou o compromiso do goberno municipal co sector co obxectivo de “lograr a desestacionalización do produto turístico”. Por ese motivo, para a nova edición do concurso acordouse o cambio de datas ao indicar o propio sector que “novembro xa era un mes positivo”, mentras que febreiro estaba “máis parado turisticamente” polo que se viu a necesidade de facer iniciativas de dinamización. Tanto Sara Santos como Flavia Ramil agradeceron a participación dos locais hostaleiros e incidiron en que o cambio de datas foi un reto que está a traer resultados positivos.

As tres, xunto con organizadores e patrocinadores do evento, tiveron a oportunidade de presenciar a elaboración e a proba da tapa presentada por Cacao que agarda ser premiada como mellor tapa tradicional. Trátase dun rabioli de boi de mar con bechamel de algas e con salsa americana clásica e algas purulina en polvo, unha tapa elaborada expresamente para o concurso da man do chef José Ramón Lago, quen contou coa axuda de Alberto Lareo, chef executivo do Grupo Los Carbones (Cacao, La Chida e La Central). Lareo foi o encargado, a continuación, de elaborar a tapa de La Chida: un taco de masa de millo con xamón asado á brasa, pico de galo e cilandro, como proposta de tapa creativa.

Os cociñeiros José Ramón Lago e Alberto Lareo xunto con Flavia Ramil, Sara Santos e Míriam Louzao

Os cociñeiros José Ramón Lago e Alberto Lareo xunto con Flavia Ramil, Sara Santos e Míriam Louzao / Antonio Hernández

O chef Alberto Lareo asegura que La Chida participa no concurso buscando que o local sexa máis accesible á cidade e “que non se nos vexa tanto como un restaurante mexicano senón como un ambiente cantinero ao poder disfrutar dun cóctel acompañado dun taco”. Con Cacao o que pretenden é dar a coñecer o recente establecemento ubicado en la rúa das Orfas. “Queremos que a xente se acerque máis a nós e vexan o que facemos”, asegura.

Lareo non se atreve a dicir unha cifra de tapas que poden chegar a vender pero en base ao que coñece doutros anos “seguramente vai a ser un volume alto”.

A novidade de este ano, como xa se anunciara no seu día, será o galardón especial para o bocado máis doce, co que se pretende incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas. O resto de premios corresponden coa mellor tapa tradicional, a máis creativ e as maridadas con viño e con cervexa. Haberá unha última á mellor sen gluten, da man da Asociación de Celíacos de Galicia.