O PP carga contra a imaxe de Santiago trasladada en Fitur como "destino gruñón"
María Baleato e Nerea Barcia lamentan “a desolada imaxe” que, ao seu entender, deu o Goberno do BNG de Compostela na Feira Internacional de Turismo en Madrid
As concelleiras do Partido Popular de SantiagoMaría Baleato e Nerea Barcia, lamentaron, en rolda de prensa, “a desolada imaxe” que ao seu entender deu o Goberno do BNG de Compostela na Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid. “O Goberno nacionalista optou por unha presentación sen imaxes da cidade baixo o lema “'Santiago de Compostela, patrimonio da humanidade: Tes o dereito a desfrutalo e a obriga de coidalo', moi lonxe dos obxectivos para os que está creado este evento”, destacou Baleato.
A concelleira popular remarcou que, “para nós, o turismo consciente e responsable debe ser unha prioridade, pero o que non podemos permitir é que a imaxe que se traslade de Santiago no escaparate nacional e internacional, sexa o dun destino gruñón, no que os turistas non son ben recibidos porque non saben comportarse”.
Compostela: cara a un turismo que conviva coa veciñanza
Aseguran que desde o verán de 2023 o goberno de BNG e CA vén proxectando a idea de que Santiagoé un destino saturado, cando iso non é real; e esa mensaxe, din, "foi calando en certos sectores de poboación, servindo de caldo de cultivo para o crecemento dun rexeitamento, por parte da veciñanza, tanto dos turistas como dos peregrinos".
Lembramos que “lle corresponde ao Goberno do BNG traballar para facer de Santiago o mellor destino que un turista poida elixir e elaborar o Plan Estratéxico de Turismo, onde inclúan as liñas de actuación máis eficaces para conxugar a rendibilidade turística, con medidas que integren a actividade turística coa vida cotiá da veciñanza”.
Los peregrinos se defienden: "No somos los culpables de los problemas de Santiago"
"Non se amosou a imaxe da cidade"
Pola súa parte, Nerea Barcia indicou que o Goberno nacionalista “representou” a Santiago cun vídeo que "máis parecía unha unidade didáctica de boas formas para concienciar aos rapaces das escolas e institutos sobre o que se pode ou non se pode facer" pero que "de ningunha maneira era un material audiovisual que amosase a imaxe da nosa cidade".
“Novamente, os nacionalistas deixaron de lado, por exemplo, os espectaculares lugares que temos nos arredores da cidade; a promoción da nosa gastronomía; os numerosos monumentos que temos ademais da Catedral; ou os nosos emblemáticos espazos verdes”, subliñou.
“Siempre hubo problemas entre peregrinos y ciudadanía, pero ahora se pueden minimizar”
Nerea Barcia reiterou a súa mágoa de que "os máximos representantes do Concello non estiveran á altura da capital de Galicia", que non foran quen "de amosar, con orgullo, as bondades dunha Compostela universal e cun importante potencial turístico", asegurou remarcando que si o souberon facer os membros doutras cidades e países.
“A quen presentaban, a Santiago ou unha cadea de reparto? Como é posible que o BNG se sinta orgulloso de dar unha imaxe de Compostela deste xeito? Queren a cidade? Porque a impresión que levas é que non acudas a Santiago xa que a cidade non soporta o turismo, nin os peregrinos, Que tipo de turismo buscan?”, pregúntase a concelleira.
Bicis prohibidas para todos
El Camino batirá el récord de peregrinos casi dos meses antes de que acabe el año
Por outra banda destacou que “si falamos de normas, algo que nos chama a atención é que no vídeo de promoción ponse o énfase que está prohibido ir montado en bicicleta polo Casco Histórico. Unha norma que é para todos, pero se imos a dar leccións a milleiros de visitantes, os primeiros que teñen que cumprir son os concelleiros e, polo tanto, pedímoslle a Xesús Manuel Domínguez, concelleiro do BNG, que poña en práctica o seu propio código de conducta, e non atravese toda a Cidade Vella subido a súa bicicleta até a porta do Concello”, remarcou Barcia.
Temas
Más en Santiago
-
Santiago a tope a cinco días de que arranque O Son do Camiño
-
¡Oportunidad de empleo en Santiago! Gana 26.500 euros anuales como Operario/a en una importante multinacional gallega
-
Cómo llegar al Banquete de Conxo: estos son los cortes de tráfico, autobuses, aparcamientos y principales accesos
-
La orquesta Olympus abre el telón de las fiestas de este popular barrio compostelano