Pacientes do CHUS denuncian as "condicións lamentables" dos enfermos oncolóxicos do hospital de día
Pídenlle á xerencia reformar a área de admisión garantindo a privacidade dos pacientes, renovar as cadeiras das salas de espera e dotalas de fontes de auga fría, aumentar a dotación de persoal sanitario e mellorar a comida
This browser does not support the video element.
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUSreitera a denuncia feita hai xa oito anos sobre as condicións en que están sendo atendidos os pacientes oncolóxicos que deben recibir tratamento no hospital de día. A mencionada denuncia levou á separación dos hospitais de día oncolóxico e hematolóxico, pero persisten os problemas estruturais postos de relevo xa daquela que, lonxe de se solucionar, aínda se agravaron nos últimos tempos.
La Asociación de Pacientes del CHUS denuncia que hay seis bajas en Radiología sin cubrir
Sala de espera insuficiente e asentos incómodos
A sala de espera é claramente insuficiente para os pacientes e os seus acompañantes e a solución que se buscou para esta situación foi situar asentos nunha zona de paso por onde transitan quen vai a outras especialidades ou ao ascensor. Téñase en conta que os pacientes oncolóxicos son persoas co sistema de defensas deteriorado, que quedan máis expostos, se cabe, a contraer outra enfermidade e, dito sexa de paso, asentos pouco confortables para quen ten reducida a súa mobilidade, caso frecuente nesta sección.
Los pacientes oncológicos del CHUS tendrán una sala de espera más confortable y más espaciosa
A cantidade de persoas que acoden cada día á consulta fai que deban ir unha hora e media antes para que lles dea tempo a realizar as analíticas previas antes de recibir o tratamento de quimioterapia. Aquí arranca, segundo a Asociación de Pacientes, unha cadea de demoras que provoca unha media de seis ou sete horas de espera para completar todo o proceso cada vez que acoden á consulta.
Bocadillo e froita pasada
As condicións en que se atopan as persoas que reciben tratamento aquí, explican desde a Asociación, supón que non poidan estar moito tempo sen comer e, como na práctica pasan case todo o día, fai que se lles proporcione comida. "O que reciben como xantar componse dun bocadillo, unha peza de froita e un iogur. Se isto non parece o máis indicado para pacientes maiores ou con malestar que lles impide tolerar calquera tipo de alimento, se miramos en que se concreta a conclusión é moito peor, pois o bocadillo é de embutido e a froita está xa pasada", aseguran.
Boa atención pero dotación insuficiente
A atención recibida por parte do persoal sanitario é valorada moi positivamente polos usuarios do servizo, pero afirman que a dotación resulta insuficiente. Ademais, cando algunha das persoas que atenden non está, din, non é substituída o que "agrava o colapso e a espera".
Mención á parte merecen as demoras na realización e informe das probas radiolóxicas, claves para o seguimento desta doenza, e que segundo a Asociación de Pacientes do CHUS se están a retrasar de media catro meses entre que se solicitan e se dispón dos resultados.
As Urxencias do CHUS seguen a colapsarse tralo pico da gripe
Por isto, desde a Asociación de Pacientes do CHUS esíxenlle á xerencia e ao xefe do servizo que as condicións do Hospital de Día Oncolóxico se axusten aos estándares de calidade e recomendacións do Ministerio de Sanidade publicadas no ano 2009. E mencionan as prioridades: "reformar a área de admisión garantindo a privacidade dos pacientes, renovar as cadeiras das salas de espera e manter a ratio de 1,5 asentos por paciente e dotándoas de fontes de auga fría, garantir que non hai salas de espera que sexan zonas de paso, aumentar a dotación de persoal sanitario e mellorar a comida que se proporciona durante a espera que obstensiblemente non cumpre as mínimas condicións de calidade".
Temas
Más en Santiago
-
La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
-
¿Ocultar patrimonio para evitar la masificación? El dilema de ciudades turísticas como Santiago
-
La odisea de alquilar un piso para dormir durante O Son do Camiño: "Es imposible encontrar algo por menos de 1.200 euros"
-
Desdobramento da liña 6A en beneficio do "usuario non turístico"