As Urxencias do CHUS seguen a colapsarse tralo pico da gripe

A Asociación de Pacientes denuncia que ata 25 pacientes graves, algún deles sufrindo visibles episodios de dor, acumuláronse nos corredores o pasado 24 de xaneiro

Novo colapso nas Urxencias do CHUS tralo pico da gripe

ASOCIACIÓN PACIENTES CHUS

El Correo Gallego

A pesares da redución da demanda asistencial nas urxencias do CHUS tralo pico da gripe, a Asociación de Pacientes ven de denunciar que estiveron colapsadas ao longo de todo o mércores, 24 de xaneiro. Según este colectivo ás 14:12 horas, 18 pacientes graves estaban colocados en padiolas e cadeiras de rodas no corredor de acceso e adxacentes agardando durante horas a ser atendidos e soportando a vulneración do seu dereito a intimidade e a dignidade. Mentres 52, co ingreso asinado en planta, agardaban por unha cama e ocupaban as zonas de traballo. Ás 18:01 horas os pacientes graves nos corredores eran 25 e 31 co ingreso asinado agardaban, en roupa de hospital, na sala de observación por unha cama en planta. Ás 21:46 seguían sendo 9 os pacientes colocados no corredor, algún deles sufrindo visibles episodios de dor.

De acordo cos datos publicados no pulso do CHUS, nas últimas 24 horas, foron atendidas 456 persoas (115 menos que o día 26 de decembro do 2023 no que se deu o pico de demanda mais elevado nas últimas semanas). O nivel de ocupación foi de 948 camas (62 por 100) sobre un total de 1.511 dispoñibles.

Con todo isto, a Asociación de Pacientes sentencia que "os responsables da área sanitaria e do servizo están instalados na banalización do maltrato asistencial que padecemos os pacientes sen que os chamados plans de continxencia teñen efecto algún sobre a calidade asistencial".

Demora para unha cita presencial en atención primaria:

Segundo datos recabados polo colectivo o pasado día 16 de xaneiro detectáronse os seguintes tempos de demora en atención primaria para unha cita presencial por unha doenza nova:

Centro de Saúde de Lalín: 6 días

Centro de Saúde de Rianxo: 14 días

Centro de Saúde de Rodeiro: 5 días.

Centro de Saúde de Fontiñas: 7 días

Centro de Saúde Concepción Arenal: 7 días

Centro de Saúde de Vite: 8 días

A Asociación recalca que "cada vez resulta mais habitual atopar demoras que exceden con creces o que debe considerarse unha atención primaria axustada ás necesidades da poboación. É obvio que con demoras que oscilan entre os 6 e os 14 días as persoas que padecemos unha doenza que se agrava co tempo recorremos aos servizos de urxencias en busca de atención".

En consecuencia a causa de todo isto, a Asociación sinala que está situada na carencia de persoal que poda ser asignado ás camas para que estean abertas e disponibles no momento en que se requira polos facultativos de urxencias e no anormal funcionamento da atención primaria que non está dando resposta as demandas de atención e que non responde aos principios de seguimento, continuidade e atención urxente previsto polo vixente ordenamento xurídico. O resultado son uns servizos de urxencias colapsados, no que se vulnera o dereito fundamental do paciente a dignidade e a intimidade e no que se ve afectada a calidade asistencial como consecuencia da incapacidade dos profesionais de atender nesas condicións a demanda de atención.