Música e cor encherán as rúas no Entroido, con De Vacas como pregoeiras
O Entroido compostelánarranca oficialmente o día 10 co tradicional desfile do Meco, que partirá ás 20.00 horas da praza de Cervantes, acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, ata chegar ao Pazo de Bendaña, onde quedará instalado ata o día 13. Dende o balcón escoitará, ao igual que todos os composteláns que se acheguen ata a praza do Toural, o pregón de inicio das festas a cargo do cuarteto De Vacas. Previamente, os Xenerais do Ullaabrirán boca co seus vivas e atranques cos que percorrerán as rúas entre as 18.30 e 20.00 h.
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, destacou a participación da veciñanza de Aríns, Marrozos, Angrois e O Eixo, e subliñou que “grazas á súa implicación fan grande a festa, así como a das entidades locais como Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño, Santa Compaña e Armatroulas de Laraño, Os Bandiños, a comparsa de Maruxas e Coralias e as Xeneraliñas da Semente neste tempo de diversión e entretemento con valores tradicionais propios de Santiago”.
Programación de Entroido
O domingo 11 haberá animación de rúa dende as 10.30 horas coa comparsa Os Conformistas de Conxo e coa Batucada a cargo do Bloco da escola de Latexo a partir das 13.00 horas. Pola tarde tomará o relevo a comparsa A Ruliña de Laraño, acompañada pola charanga Tíralle do Aire.
A cita central da xornada será o Festival Infantil de Disfraces que, como é habitual, se celebrará na Sala Capitol e no que poderá participar calquera menor de 14 anos, con entrada libre e inscrición previa (entre as 16.30 e as 17.45 horas). Haberá baile, sorteo de agasallos e concurso de disfraces en tres categorías: individual, parella ou grupo. Os premios son doados por El Corte Inglés.
A Praza de Abastos de Santiago 'vive' o Entroido en galego
Os nenos serán tamén os protagonistas de Mascarada Tour, de Nauta Teatro e Títeres Alakrán, que percorrerán a cidade histórica a partir das 18.00 horas. Haberá pasarrúas coa charanga Santa Compaña e os Armatroulas de Laraño, dende a praza Roxa ata a rúa de San Pedro, e Os Bandiños coa comparsa de Maruxas e Coralias, que partirán do CSC da cidade histórica e rematarán en Cervantes.
Desfile o martes
La Xunta reconoce el Entroido gallego como BIC, la máxima protección patrimonial
O día grande do Entroido, o martes 13, será o desfile, que partirá da avenida de Ferrol ás 17.30 horas e que percorrerá a rúa de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa de República do Salvador, rúa do Hórreo, rúa da Senra e avenida de Xoán Carlos I. Ao remate, os participantes concentraranse na Sala Capitol, onde ás 20.00 horas terá lugar a actuación dos Bregadiers, e, posteriormente, a entrega dos premios do desfile.
Repartiranse preto de 14.000 euros en premios en seis categorías: carrozas, comparsas, grupos, mellor parella, mellor disfrace individual e mellor comparsa de parroquias ou barrios do Concello.
O 14 de febreiro, Santiago despedirá o Entroido coa Queima do Meco na praza Roxa ás 21 horas.
A programación complétase co Entroido dos Xenerais da Ulla, que o día 17 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente.
Temas
Más en Santiago
-
Ángel Facio se estrena al frente del área sanitaria de Santiago: “Lo esencial son los pacientes”
-
Banquete de Conxo: a festa da fraternidade
-
La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
-
Santiago celebra o Día do Museo que este ano dedícase a educación e a investigación