O grupo socialista presiona a Sanmartín coa ordenanza municipal das Vivendas de Uso Turístico

Mercedes Rosón manifesta a súa preocupación por un retraso "sen causa xustificada" e afea á alcaldesa que paralizara a regulación

Os socialistas tamén queren saber se María Rozas e o grupo de Compostela Aberta "é complice do bloqueo porque parece que non lles interesa a regulación das VUT"

Os socialistas tamén queren saber se María Rozas e o grupo de Compostela Aberta "é complice do bloqueo porque parece que non lles interesa a regulación das VUT" / Antonio Hernández

O Grupo Municipal Socialista vén de presentar unha nova iniciativa que elevará ao pleno ordinario do próximo xoves, e que foi rexistrada o pasado mércores día 21, para saber cal é a situación na que se atopa a ordenanza municipal que regulará as Vivendas de Uso Turístico (VUT). A pregunta, dirixida ao goberno do BNG e Compostela Aberta, volve formularse 4 meses despois tralo "enorme esforzo durante máis de tres anos para reformar ese plan positivo de regular e ordenar a proliferación das Vivendas de Uso Turístico aprobada no pasado mandato pasado e que supuxo un enorme esforzo de traballo durante máis de tres anos", critica Mercedes Rosón sobre "esta problemática compartida con moitas outras cidades de España, de Galicia e do mundo enteiro na que Compostela foi pioneira na regulación".

Asegura Rosón que se trata dunha regulación que foi "avalada en múltiples sentenzas xudiciais" e que se aplicará noutras cidades como A Coruña. "Hai catro meses", recorda, "presentouse unha iniciativa similar e a resposta foi que a finais de outubro estaría un primeiro borrador e que iría a pleno para súa aprobación antes de finalizar o ano".

Santiago es la tercera ciudad de Galicia con mayor número de Viviendas de Uso Turístico (VUT)

Santiago es la tercera ciudad de Galicia con mayor número de Viviendas de Uso Turístico (VUT) / Jesús Prieto

Pasados xa dous meses do 2024, o PSOE cre que é necesario preguntar de novo que pasa con esta ordenanza "imprescindible" porque non se sabe absolutamente nada. "Preguntada en repetidas ocasións a alcaldesa, a señora Sanmartín, foi postergando eses prazos para presentar o borrador da ordenanza e agora mesmo non hai tan sequera un horizonte marcado como data límite para o seu remate", denuncia Rosón.

A regulación das VUT, di Rosón, "é unha necesidade clara porque precisamos poñer coto á proliferación destes negocios que retiran vivendas do mercado de alugueiro tradicional e que condiciona o mercado da vivenda".

Borrador da ordenanza do Goberno socialista

O PSOE deixou un borrador de ordenanza antes de abandonar o Goberno municipal para fixar as condicións para a regulación das VUT que funcionaban con anterioridade á regulación. Na rolda de prensa deste martes, Rosón manifestou a súa preocupación por un retraso "sen causa xustificada" e afeou á señora Sanmartín que paralizara a regulación. "Sempre sospeitamos do grupo do BNG, que avoga publicamente por un turismo sostible e fala do problema da vivenda se mantén de perfil nesta cuestións".

Asegura Rosón que "a sociedade compostelá non entende a que responde este bloqueo e queremos saber se a señora Rozas e o grupo de Compostela Aberta é complice porque parece que non lles interesa a regulación das VUT".

Desde o grupo socialista insisten en que "cada día que pasa é un día perdido para avanzar nese modelo de turismo sostible e mellorar a oferta de vivendas de alugueiro convencional en Compostela". Tamén denuncian o limbo legal no que, din, se atopan os propietarios de VUT desde hai seis meses coa tempada estival á volta da esquina.

Por estes motivos, o Grupo municipal do PSdeG presentará ao Pleno da Corporación Municipal as seguintes preguntas: "En que situación se atopa a elaboración da ordenanza de usos preexistentes en aplicación da modificación do Plan Xeral impulsada no pasado mandato? Existe un prazo temporal para que os grupos da oposición e os colectivos afectados poidan contar con ese borrador para o seu debate?".

¿Qué regulará a ordenanza?

A ordenanza terá que regular dúas cuestións. A primeira é a posibilidade de que as Viviendas de Uso Turístico (VUT) operen un máximo de dous meses ao ano. Podería servir para propietarios de viviendas situadas no casco histórico e varias rúas próximas, nas que está prohibida esta actividade. Permitiríalles, por exemplo, alugar a estudantes durante o curso e no verán a turistas. A segunda, sobre usos preexistentes, vai destinada aos propietarios afectados polo cambio do planeamento urbanístico, que, por exemplo, regula que na maior parte da cidade só se poderán instalar pisos turísticos nas primeras plantas. A idea era que as que funcionaban noutros pisos poidan regularizarse.

A resposta de Sanmartín

A preguntas dos xornalistas a alcaldesa, Goretti Sanmartín, aseverou que a nova ordenanza darase a coñecer “dentro de pouco”. Sanmartín rexeitou que os socialistas deixasen o documento feito. “O que deixara foi unhas notas escritas”, aseverou. Neste tempo, explicou Sanmartín, houbo que sometelas aos informes técnicos de urbanismo e os da asesoría xurídica. “Estamos nese proceso”, suliñou. 

A alcaldesa asegurou tamén que en urbanismo están preparando todos os informes que pediu a Xunta para declarar a Santiago como zona de alugueiro tensionado. “Se quixese a Xunta podería facelo” sen esa documentación, suliñou, pero garantiu que se remitirán os informes que pediu a Xunta.