Raxoi quere reter talento na USC ofrecendo facilidades de vivenda e laborais aos estudantes

O Goberno de Santiago fíxase o obxectivo da diversificación económica da cidade

Compostela aproxímase ao pleno emprego con só un 4,4% de desemprego

O Club Financieiro de Santiago presentou en Raxoi o seu informe económico correspondente a 2022

O Club Financieiro de Santiago presentou en Raxoi o seu informe económico correspondente a 2022 / ECG

O Club Financieiro de Santiago presentou na mañá deste venres no Pazo de Raxoi o seu informe económico correspondente a 2022. Deste traballo, que vai xa pola sexta edición, extráense datos como a taxa de desemprego da cidade, próxima á plena ocupación laboral, cun 4,4% de paro, a triplicación do número de peregrinos estranxeiros ou o récord do aeroporto Rosalía de Castro, que por primeira vez superou os 3,5 millóns de pasaxeiros en 2023.

Envellecemento poboacional e menos universitarios

En Santiago continúan las colas de universitarios que buscan piso para el próximo curso / |  XOSÉ ALDÁMIZ

Colas de universitarios buscando piso para estudiar en Santiago / XOSÉ ALDÁMIZ

Pero non todo son boas noticias. Ao igual que o resto de Galicia e de España o problema do envellecemento poboacional afecta a Santiago, cunha procentaxe do 23,3% de poboación maior de 64 anos (o dato comarcal é do 21%). A isto hai que engadirlle que o municipio non consegue reter a poboación universitaria, unha cuestión non só ligada aos problemas de acceso á vivenda, tamén por mor da falta de "oportunidades de traballo", apuntaba María Bastida, do club financeiro. Unha cuestión que a alcaldesa Goretti Sanmartín apuntaba como prioritaria do seu goberno, "queremos que o estudantado teña oportunidades laborais aquí", polo que se establece un marco de colaboración coa USC, "para reter ese talento".

Diversificación económica

María Bastida tamén apuntaba a necesidade de "apoiar a diversificación económica" na busca de que a capital sexa máis competitiva, e reseñaba a alta dependencia da capital do sector público. "Un tercio do sector asalariado da cidade traballa no Sergas, na Xunta ou na universidade", destacaba.

Outro factor económico que domina Santiago é o turismo e ligado a el o sector servizos, dependentes directamente de elementos como a estacionalidade. A cifra de vivendas de uso turístico (VUT) aumentou un 30% na comarca, e en Compostela multipliouse por 4 a oferta.

O solo industrial e as facilidades para que as empresas se establezan na cidade é outra das cuestións nas que afonda o informe do Club Financieiro de Santiago. "Non se pode ter solo industrial, empresarial e comercial", apuntaba Bastida en referencia á necesidade de tomar decisións dende o Concello e fixarse obxectivos. Cuestión á que tamén facía referencia Sanmartín, que asegura que o seu goberno procura "facilitar que as empresas se poidan establecer en Santiago", algo para o que considera favorecedor a posta en marcha "do Orbital, o Orbitaliño e s estación intermodal".