En que punto está o proxecto da Casa dos Maiores de Santiago? O PSOE preguntará no Pleno
Os socialistas reivindican que foi súa a iniciativa de poñer en marcha este proxecto
Valoran positivamente que o Executivo de Sanmartín propuxera darlle un carácter interxeracional
A edil socialista Mila Castro presentou este luns noPazo de Raxoi a petición que o PSOE de Santiago levará ao próximo Pleno local sobre o estado do proxecto da Casa dos Maiores, que se establecerá no que fora o edificio da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo.
A comunicación realizouna xunto coa responsable de Servizos sociais do Grupo municipal, Marta Álvarez. Castro reivindicou que a iniciativa partiu da súa formación durante o mandato de Xosé Sánchez Bugallopero tamén valorou positivamente a “mellora” da súa proposta, en referencia á iniciativa do Goberno local de integrar as actividades do CSC do Ensanche coa Casa dos Maiores para así crear "un espazo interxeracional".. “Parécenos ben que se mellore o noso proxecto pero saquémolo adiante”, requiriu Mila Castro.
O Centro de Maiores e o novo CSC do Ensanche compartirán instalacións "nunha aposta decidida polo envellecemento activo"
A edil tamén lembrou que foi no mes de novembro cando o Goberno bipartito presentou o anteproxecto para o espazo, comprometéndose a telo rematado antes de finalizar o ano, algo que non aconteceu. Por iso instarán o goberno a “que se avance no que non dependa de tempos administrativos, que se apuren os prazos no que se poida”.
Marta Álvarez fixo fincapé nos datos, que revelan que en Santiago hai máis de 23.000 persoas maiores de 65 anos, das que máis do 20% viven en soidade. Unha cuestión que se agrava na área que cubrirá a Casa dos Maiores (Ensanche, Conxo e Pontepedriña), onde un 30% dos maiores viven sos.
Por iso, dende o PSOE poñen a atención en que é necesario "combater a soidade non desexada, promocionar a convivencia e a axuda mutua". E ante esta necesidade instan o bipartito a informar sobre o proxecto e o regulamento que o rexerá, coa vista posta en que a Casa dos Maiores sexa unha realidade "o antes posible".
Temas
Más en Santiago
-
El Gobierno licita por 22,6 millones la conservación de carreteras claves para Santiago
-
Los Reyes que yacen enterrados en la Catedral de Santiago: visitas guiadas al Panteón Real
-
Más allá de O Son do Camiño: estos son los festivales que no te puedes perder este verano cerca de Santiago
-
Ángel Facio se estrena al frente del área sanitaria de Santiago: “Lo esencial son los pacientes”