A USC reparte 50.000 euros para desenvolver proxectos de dinamización deportiva e cultural por parte do alumnado

Na convocatoria dirixida a centros e ao Consello de Estudantado houbo 32 propostas beneficiadas con unha partida de 35.000 €

Estudantes no campus sur da Universidade de Santiago

Estudantes no campus sur da Universidade de Santiago / Antonio Hernández

Un total de 32 iniciativas de 15 centros da Universidade de Santiago e do Consello de Estudantado son as beneficiadas das axudas destinadas ao desenvolvemento de actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural convocadas pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura para o ano 2024 cunha cuantía de 35.000 euros.

A resolución da convocatoria, á que activo acceso EL CORREO, é en palabras da vicerreitora de Estudantes Pilar Murias, “moi positiva cualitativa e cuantitativamente”. Con respeto ao ano anterior, houbo un incremento no número de solicitudes presentadas, maior variedade de centros que presentan propostas, e ademais, “vemos que os proxectos teñen unha mellor formulación que os da primeira edición da convocatoria e hai algúns aos que se lle logra dar continuidade”.

En total presentáronse 47 actividades, polo que 15 non recibiron financiamento ao verse agotabo o crédito. No 2023 presentáranse 25 proxectos, que ademais incluían os de estudantado de residencias e colexios maiores da USC, chegando a financiarse 24 e levándose a cabo 21. “Resultou moi positivo, con moita implicación”, mencionou Pilar Murias, destacando a gran participación en Psicoloxía e Ciencias da Comunicación.

Este ano creouse unha convocatoria específica para os centros do SUR (Servizo Universitario de Residencias) con 10.000 euros. Vai destinada a proxectos culturais que “vaian xurdindo co paso do curso e resolvéndose dentro dos colexios residenciais”.

“Os proxectos teñen unha mellor formulación que os da primeira edición e hai algúns aos que se lle logra dar continuidade”.

Pilar Murias

— Vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC

Polo tanto, o diñeiro total que a universidade destina para as actividades culturais e deportivas é o mesmo que o ano pasado, 50.000 euros, xa que habería que sumar otros 5.000 euros para unha nova convocatoria que saiu este martes. “Queremos que quede aberta ata que se remate a partida ou ben ata finais de curso coa intención de que non haxa prazos polo medio para presentar proxectos, xa que a veces resulta complicado para o alumnado facer programación con meses de antelación”, manifesta a vicerreitora. A idea é analizar como vai esa liña coa posibilidade de que se poida incrementar para o vindeiro ano. 

A comisión avaliadora está presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias e integra ao delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico; a delegada do reitor para a Igualdade, Marta Pérez; representante dos decanatos e direccións de centros docentes; representante do Consello do Estudantado, así como representantes dos ámbitos cultural e deportivo de Galicia. 

Entre os criterios de valoración, tívose en conta o impacto potencial da actividade na comunidade estudantil (20 puntos), o apoio do estudantado e implicación na organización das actividades (20 puntos), a calidade e adecuación da actividade ao obxecto da convocatoria (20 puntos), a adecuación do orzamento solicitado á actividade (20 puntos), a descrición da estratexia de difusión que se fará da actividade (10 puntos), así como a das ferramentas de avaliación do éxito da iniciativa (10 puntos).

Onte mesmo enviouse a comunicación aos centros que reciben financiamento, que segundo sinalou Murias, son todos os solicitantes ao “haber algúns que decidiron presentar varias propostas”. Entre esta semana e a seguinte a USC procederá a realizar a transferencia do diñeiro a cada centro e ao Consello de Estudantado. 

Reforzar a participación do alumado na vida universitaria

O Consello de Estudantado presentou tres propostas á convocatoria de 35.000 euros para actividades culturais e deportivas organizadas polo estudantado. Todas elas recibiron financiamento, sendo o festival Faino Ti, a actividade que recibiu os preto de 2.500 euros máximos previstos por actividade. Levouse a cabo do 7 ao 10 de marzo en Santiago co fin de potenciar distintos tipos de arte como a música, a poesía, o teatro, a danza e os coloquios. Tamén se incluiu ‘Pola Terra’, unha foliada no Campus Terra de Lugo con grupos de pandereteiras e gaiteiros, e o VI BPCompos, torneo de debate.

"Sentimos que somos partícipes da vida universitaria"

Andrés Couso

— Vicepresidente do Consello de Estudantado da USC

“En xeral o alumnado ten en mente moitas iniciativas e esta convocatoria permite levalas a cabo. Así, sentimos que somos partícipes da vida universitaria”, comenta a EL CORREO Andrés Couso, actual vicepresidente do Consello de Estudantado.