O VII certame ‘Alguén que respira!’ trata en Compostela os conflitos territoriais a través da voz poética
Desenvólvese entre o 21 ao 23 de marzo no Teatro Principal e mais na igrexa da Universidade

Valentín García, Míriam Louzao e Antón Lopo durante a presentación / CEDIDA

Compostela vai acoller entre o 21 e o 23 de marzo a sétima edición do certame de poesía ‘Alguén que respira!’. Un evento que vai reunir na capital galega a poetas, xornalistas, activistas, axentes de cooperación e artistas que recitarán e debaterán este ano arredor dos territorios en conflito, sexa este un enfrontamento bélico ou unha loita coa propia identidade ou o propio corpo.
O encontro botará a andar o 21 de marzo, Día da Poesía, coa lectura do manifesto conmemorativo por parte do xornalista Alfonso Armada, no balcón do Teatro Principal ás 19.30 horas. E será no interior onde, de seguido, se celebrará o primeiro dos eventos deste ‘Alguén que respira!’, da man do activista trans portugués André Tecedeiro, xunto coa poeta catalá María Sevilla e a proposta sonora do aragonés Gustavo Giménez.
Un recital, ‘Poesía para corpo principal’, no que tamén se contará coa presenza da poeta israelí Tal Nitzan e coa actuación conxunta, logo de 20 anos, dos irmáns Rábade Villar: María do Cebreiro e Abe. Entre os dous darán curso a un recitado no que a escritora fará lectura dos poemas de A lentitude acompañada por Abe Rábade ao piano, que desenvolverá unha improvisación jazzistica.
Tamén será o Principal o escenario do evento do venres 22, ‘A palábra percórreme a pel como beliscos de lume’. Alí, a partir das 20 horas daranse cita a armenia Hasmik Simonian, Nigar Arif de Acerbaixán, a saharaui Zara Hasnaui, a filósofa e escritora de orixe marroquí Karima Ziali e o dramaturgo kurdo Hekin Sefkan, xunto á andaluza Isabel Martín e o galego Samuel Merino.
Na xornada do sábado 23 a acción pasa á igrexa da Universidade, na praza de Mazarelos, onde a partir das 20.30 h. actuarán Guadi Galego con Su Garrido, a música aranesa Alidé Sans, a rapeira malagueña Eskarnia e o dúo de tecno-poesía No Poet. Participarán tamén Aroa Misa, Claudia Romero e Serxio Abalo, gañadores dos premios ‘Respirá!’, convocados por segundo ano e dirixidos ao estudantado de primaria, ESO e bacharelato.
O certame mantén tamén ‘As mañás do ambigú’, no Principal, destinadas á reflexión e ao debate e a sección ‘Atravesei a cerca’, o sábado ás 18 h., na que se poderá a poetas como Olalla Cociña, Dores Tembrás, José María Cumbreño ou Luís López Alonso.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago
