Raxoi abonará a Tussa máis de 1,7 millóns polo servizo de ORA, guindastre e depósito en 2024
Para a pasarela peonil do Hórreo, que une as estacións de tren e autobús a xunta de goberno acordou destinar 150.927 euros
O Goberno compostelán aprobou este luns en xunta de goberno autorizar un crédito de 1.753.453€ para abonar a Tussa a prestación do servizo de ORA, guindastre e depósito de vehículos. Un gasto que con cargo aos orzamentos de 2024 aos que se lle engaden tamén 150.927€ para a xestión da pasarela peonil do Hórreo, que conecta a estación de autobuses coa de tren. Segundo informa o Goberno de Sanmartín a través da web municipal, a xunta aprobou tamén as tarifas pola xestión da ORA, guindastre e depósito de acceso para o exercicio 2024.
O Goberno local de Santiago reafírmase na continuidade da zona ORA en Santa Marta
En canto á táboa de custos proposta para cada un dos servizos que forman parte da xestión de Tussa (ORA, guindastre e depósito de vehículos) establécense os seguintes gastos por hora: 42,47€/h polo servizo da ORA, 50,14€/h polo de guindastre e 41,6€/h polo de depósito.
Segundo os datos achegados polo Concello, o total de horas que executará Tussa será de 23.594 (ORA), 7.700 (guindastre) e 8.784 (servizo de depósito de vehículos). O que suma uns custos para a empresa de 1.001.991€, 386.080€ e 365.380€, respectivamente. As mecionadas tarifas teñen efecto dende o 1 de xaneiro de 2024.
Festas e turismo sostible
Outras das aprobacións da xunta de goberno do luns 8 de abril fan referencia a acordos adoptados no pleno do mes de marzo e ao Plan de Sustentabilidade Turística do Concello. No primeiro caso, o Goberno Bipartito asume o acordo plenario relativo á solicitude de subvención para o apoio, a promoción e a difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, que convoca a Axencia de Turismo de Galicia, co obxectivo de sufragar parte dos gastos da Semana Santa 2024. Solicítanse en total 5.499,59€ para cubrir o custo da maquetación e impresión de cartelaría e do programa desta festividade, así coma a reportaxe gráfica realizada.
En canto ao Plan de Sustentabilidade Turística do Concello de Santiago, a xunta de goberno adoptou a decisión de validar a prórroga do contrato de servizos para o desenvolvemento do mesmo por parte da empresa Estrategia y Organización, cun valor orzamentario de 109.710,52 € e un prazo de 16 meses, contados dende o 1 de xaneiro deste ano, co que se estende até o 30 de abril de 2025.
A xunta tamén resolveu coa empresa José M. Neira Iglesias, de mutuo acordo, a resolución das obras de execución do acondicionamento do Salón de Plenos do Concello.
Temas
Más en Santiago
-
¿Cómo se ha llegado a los retrasos de los pacientes oncológicos en el CHUS?
-
La Xunta amplía desde este lunes las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”