Síguenos en redes sociales:

A USC aspira a ingresar este ano 180.000 euros ante o aumento do número de solicitudes de patentes

Cos recursos financeiros e humanos da institución o incremento foi dun 25% no último ano, chegando a presentar 11 en España

A USC aspira a ingresar este ano 180.000 euros ante o aumento do número de solicitudes de patentesCedida

A Universidade de Santiago incrementou no ano 2023 o número de solicitudes de patentes presentadas ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), chegando ás 11, e as solicitudes presentadas ou estendidas a terceiros países (36). Ademais, o número de comunicacións de invención ascendeu ata as 73. A tradición na protección do coñecemento na institución compostelá remóntase ao ano 1988, e na actualidade a carteira activa sitúase arredor das 300 patentes.

Estes datos déronse a coñecer este venres no arranque do seminario IP Perspectives Galiciaque organiza a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en colaboración coa firma especializada en propiedade industrial ABG Intellectual Property. Na cita, celebrada no Cimus, estivo presente o delegado do Reitor para Transferencia de Coñecemento da USC, Luis Otero, quen resaltou que “o incremento dun 25% no número de solicitudes de patente foi posible grazas ao aumento dos recursos dispoñibles, tanto financeiros como humanos, que mostran o compromiso da nosa institución coa protección do coñecemento xerado”.

A importancia de negociar a compensación económica dos acordos de licenza e contar cun asesoramento especializado dun experto en propiedade industrial fixo que Luis Otero sinalara que os ingresos en concepto de royalties previsiblemente ascenderán a 180.000 euros anuais en 2024, “correspondentes a tecnoloxías protexidas tanto mediante patente como mediante secreto empresarial”.

A maiores de mediante acordos con terceiros, as invencións patentadas xurdidas nos laboratorios poden tamén transformarse en industria e emprego mediante a creación de empresas de base tecnolóxica. En relación a estas últimas a USC dispón de 31 empresas que sustentan o seu modelo de negocio na explotación do coñecemento científico. Estas empresas, a diferenza das ‘startup’ convencionais, adoitan ter taxas de supervivencia e éxito moito máis elevadas.

A raíz destes datos, e como se puxo de manifesto no debate desenvolvido ao fío do programa IP Perspectives Galicia, a Universidade de Santiago atópase ben posicionada para abordar o impulso da transferencia que se recolle na nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), a Lei da Ciencia e o Plan de Transferencia. 

Na súa intervención o delegado do reitor tamén destacou o compromiso da USC coa transferencia do coñecemento, coa dotación dun orzamento propio de 350.000 euros no presuposto da área de valorización, a dotación de novos profesionais, o deseño de novos programas de valorización, o desenvolvemento de plans de transferencia para grupos de investigación, de programas de emprendemento e de colaboración coas empresas.

O potencial comercial dunha tecnoloxía patentada

Nesta cuarta edición, a xornada contou coa presentación dunha ferramenta clave para medir o potencial comercial dunha tecnoloxía patentada e definir así a súa capacidade para xerar beneficios económicos ou competitivos a través da concesión de licenzas ou a venda. Editouse en colaboración coa Fundación Barrié dentro do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.

Pulsa para ver más contenido para ti