Borja Verea agarda que Alba de Compostela sexa un acto “de todos e non só do BNG”

Foto de familia dos homenaxeados na primeira edición da Alba de Compostela en 2023

Foto de familia dos homenaxeados na primeira edición da Alba de Compostela en 2023 / Jesús Prieto

“Pedimos humildade, sensibilidade e empatía”, dicíalle onte Borja Verea ao BNG de Santiago en relación coa Alba de Compostela, “para poder gozar ao 100% do Apóstolo e ao 100% da Alba”, solicitando que non coincidan os dous actos o 25 de xullo.

“Esperamos que na Comisión de honras poidamos acordar o día, o horario e os premiados”, engadía o líder do PP local, para insistir en que esta homenaxe a santiagueses de referencia “sexa un acto de todos e non só do BNG”. Falaba Verea na liña do seu edil José Antonio Constenla que “tendía a man” a Sanmartín para buscar “unha solución de consenso”.

Un acordo que non parece sinxelo, á vista da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, que onte mesmo insistía en que a data da Alba debe ser o 25 de xullo e que “ten cabida no horario” dos diferentes actos dese día. De todos xeitos aseguraba que o Goberno local agradece “a nova actitude” do PP e convocará “de inmediato” os voceiros dos grupos municipais