INFRAESTRUTURAS
A Laracha demanda a mellora de tres estradas da Deputación
O alcalde e a deputada Mónica Rodríguez avaliaron as prioridades
J. M. Ramos
A deputada provincial de Infraestruturas Viarias e Obras, Mónica Rodríguez, visitou A Laracha para avaliar co alcalde, José Manuel López, as actuacións prioritarias nas vías da Deputación que discorren polo municipio, para facilitar as comunicacións e aumentar a seguridade. O rexedor explicoulle que no núcleo urbano da Laracha a vía que require dunha intervención preferente é a avenida López Astray (tramo urbano da DP-1913) co obxecto de reorganizar os espazos para un máis óptimo aproveitamento das zonas peonís, de tránsito rodado e de aparcamento.
Outra vía que require dunha mellora é a rúa Santa Lucía (tramo urbano da DP-2404), unha das zonas residenciais e comerciais máis importantes, xunto ao centro médico e o Punto de Atención Continuada. Ademais, avaliaron a problemática da DP-1913 desde a saída do centro ata o cruce da canteira, pasando polas parroquias de Torás, Lestón, Coiro e Soandres. A plataforma da calzada é reducida para o volume de tráfico que soporta.
- Rodolfo Porto, de Talleres Cholo: 'Por mucho ordenador que haya, los hierros de los vehículos hay que arreglarlos”
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Altercado entre un chófer de la línea 6 y viajeros extranjeros en la parada de O Hórreo: 'Querían subirse sí o sí
- Adiós a colgar las lámparas: la alternativa de Ikea no necesita instalación y aporta más luz
- Cientos de vecinos reclaman cambios en el Plan Xeral de Santa Comba ante las sanciones y trabas para cultivar eucalipto
- Susto en Cee ao perderse no monte Pindo un alumno do IES Fernando Blanco
- ¿Cuánto gana Santiago con O Son do Camiño? La organización estima 400 euros de gasto por asistente
- Santiago despliega un dispositivo de 230 agentes para garantizar la seguridad en O Son do Camiño