Optimismo en Raxoi polo "avance considerable" do futuro parque comarcal de bombeiros
Sanmartín e Duro reciben os alcaldes da contorna para informalos sobre a xuntanza con Xunta e Deputación
Reúnen informes xurídicos que avalan a idea do Concello de Santiago para sacar prazas a concurso
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o edil de Mobilidade, Xan Duro, recibiron na mañá deste mércores os alcaldes da comarca para comunicárenlles o contido da xuntanza mantida esta semana coa Xunta e a Deputación da Coruña para comezar a traballar na redacción dun convenio de colaboración para crear o parque comarcal de bombeiros.
"Avanzouse de maneira considerable para que o parque sexa unha realidade", comentou a alcaldesa, amosando o optimismo das corporacións neste sentido. Sanmartín destacou a achega de dun millón de euros, de Xunta e Deputación, para a realización das obras, así coma outro tanto investido dende o Consorcio provincial de bombeiros para contratación de persoal.
Aumentar o cadro de persoal
Sobre esta materia, o edil Xan Duro congratulouse de ter desbotado "dotar o servizo en base a horas extra, que non era garantía", e destacou que o Concello conta con informes xurídicos "que avalan a nosa idea de sacar prazas a concurso" e así aumentar o cadro de persoal. A este respecto Duro aclarou que o procedemento sera por oposición, suxeito a uns prazos, "pero hai a posibilidade de ir cubrindo prazas con interinidades".
O edil, que apuntou que a intención do Concello é a de realizar incorporacións periódicas tamén puntualizou que isto "supón ter fondos". "Agora hai unha serie de xubilacións" que se cubrirán e permitirán a creación dunha lista de agarda sobre a que ir avanzando, pero a provisión de persoal "non vai ser de hoxe para mañá".
Duro indicou que dende a súa área se traballa agora no proceso butocrático para a sinatura do convenio e un procedemento técnico para coñecer as necesidades específicas de cada concello en materia de emerxencias.
Ambos os dous representantes do goberno municipal insistiron, alén de amosar o seu optimismo polos pasos dados para conseguir avanzar na creación do parque comarcal, en que o prioritario é desenvolver os informes necesarios para a elaboración e sinatura do convenio durante este 2024.
- Cierra un nuevo local en la 'milla de oro' de Santiago y ya se alquila por 3.500 euros al mes
- Vuelven los conciertos a la azotea de este hotel de Santiago: gastronomía y música para iniciar la cuenta atrás del verano
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- Sin fecha para la residencia de Santiago donada por Amancio Ortega: la Xunta mantiene la previsión de abrirla este mes
- Caamaño asegura que Ángel Facio llega a Santiago para "coger el toro miura que es el CHUS
- Raxoi otorga la licencia para ampliar la gasolinera más barata de Santiago
- Los Reyes que yacen enterrados en la Catedral de Santiago: visitas guiadas al Panteón Real
- Más allá de O Son do Camiño: estos son los festivales que no te puedes perder este verano cerca de Santiago