Nace en Ribeira un colectivo para combatir a soidade dos maiores

Rocío Vanesa Insua. / JORGE INSUA
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, en Galicia hai 126.000 maiores de 65 anos que viven soas. Para acompañar a esas persoas nas comarcas do Barbanza e de Muros-Noia con diversas actividades e servizos, vén de constituirse en Ribeira a Asociación Valores de Galicia, presidida por Jorge Insua.
A maior parte das accións levaranse a cabo na sede social da rúa Muíños, en Ribeira. Aínda que o ámbito de atención prioritario serán as comarcas de Barbanza e Muros-Noia, o ámbito de actuación da asociación é a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que tamén se poderán levar a cabo accións en calquera punto. “As sesións serán maioritariamente presenciais, pero non resulta inviable aproveitar as novas tecnoloxías”, explica Rocío Vanesa Insua, vicepresidenta da entidade.
“O colectivo ao que diriximos o noso proxecto é o de persoas maiores, centrando a idade a partir dos 60 anos, tendo en conta que neste grupo podemos atoparnos tres ciclos de idades moi diferenciados”, sinala.
“Así, os de 60 a 67 son un colectivo que non ve tan claramente o envellecemento, e son participativos socialmente en canto ao consumo e ao traballo en moitos casos; non ven a necesidade dun coidado especial, xa que non teñen a consideración de maiores. De 68 a 72 anos, xeralmente están activos e concienciados da necesidade de facer actividades e accións de mantemento físico, e algúns de mantemento cognitivo. Adoitan participar en actividades como ximnasia, baile, etc., e ás veces en accións de mantemento de memoria. E de 73 en diante, adoitan ter problemas xa de cognición e de mobilidade; en moitos casos xa non realizan accións de movemento ou actividade física, pero ven necesario facer mantemento activo”, indica Rocío Vanesa.
A Estratexia galega de atención á soidade non desexada identifica cinco liñas estratéxicas: a prevención, xa que é fundamental actuar antes de que o fenómeno apareza, a través de iniciativas que favorezan as relacións sociais e a participación social ou cultural das persoas maiores; a detección e a intervención, respectando as preferencias e necesidades do maior para ofrecer o servizo que máis se axuste ás súas necesidades; e a visibilización e a cooperación, co fin de que a sociedade sexa consciente de que hai moitas persoas maiores que viven soas sen desexalo.
ETAPAS VITAIS.
O obxectivo xeral da Asociación Valores de Galicia é prestar aos usuarios e usuarias un servizo de proximidade que se adapte ás necesidades da persoa maior e mesmo ós seus horarios; un servizo centrado na persoa que terá un profesional de referencia que prestará os apoios necesarios atendendo á etapa vital, informando, asesorando, acompañando, mediando coa familia... “En definitiva, trátase de mellorar a calidade de vida das persoas maiores que viven soas”, explican ó respecto dende o citado colectivo ribeirense.
Todo isto baixo a premisa de conseguir unha atención adecuada, sempre baixo a coordinación obrigada cos servizos sociais de base, así como outras entidades sanitarias, sociais, asistenciais, etc., que poidan intervir na zona con persoas maiores.
“Pretendemos chegar a todas aquelas persoas ás que, por diferentes motivos, non se pode chegar habitualmente e que necesitan unha intervención que faga mellorar o seu día a día”, engaden.
No tocante ás fases do proxecto, en primeiro lugar plantéxase un servizo de acompañamento, tras a identificación das persoas maiores que viven soas en Barbanza e Muros-Noia e o deseño dun plan de acompañamento. Será un servizo de acompañamento, asesoramento, valoración, orientación e información ás persoas maiores e aos seus familiares no seu proceso natural de envellecemento, na procura de necesidades específicas de atención e residencia.
AVALIACIÓN.
A seguinte fase é a de avaliación, para estudar e valorar as situacións de necesidade, facilitando o acceso e a xestión dos recursos propios do sistema de servizos sociais, en coordinación cos profesionais doutros recursos específicos ou especializados das persoas maiores nas comarcas.
Sensibilizar sobre a soidade das persoas maiores, fomentando a súa socialización, é outro dos fins.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas