A Atención Temperá de Teo e Ames afrontou 110 casos nun ano de funcionamento

As familias usuarias respaldan o servizo ao darlle unha puntuación de 4,82 sobre 5

Servizo de Atención Temperá de Teo e Ames

Servizo de Atención Temperá de Teo e Ames / Concello de Teo

Redacción

O Servizo de Atención Temperá (SAT) que os concellos de Ames e Teo prestan conxuntamente dende novembro de 2021 atendeu 110 casos no seu primeiro ano de funcionamento. A valoración da actividade deste servizo é moi positiva entre as familias beneficiarias, outorgando unha puntuación global media do servizo de 4,82 sobre 5 puntos.

O SAT reforzará a atención aos menores coa incorporación dunha cuarta profesional ao equipo, que a partir deste mes estará conformado por un psicólogo, unha terapeuta ocupacional e dúas logopedas, unha delas a xornada parcial.

Para poder darlle continuidade, os concellos implicados acordaron prorrogar o convenio asinado no seu día e presentaron unha nova solicitude conxunta á subvención que convocou a Consellería de Política Social e Xuventude para o mantemento destes servizos.

O resultado foi favorable, segundo se puido coñecer recentemente a través da resolución publicada no DOG cun importe para as anualidades de 2023 e 2024 de 273.638,43 euros.

Deste xeito, o SAT de Teo e Ames poderá reforzar a atención aos menores coa incorporación dunha cuarta profesional ao equipo, que xa se incorporou esta semana, polo que, a partir deste mes de febreiro, estará conformado por un psicólogo, unha terapeuta ocupaciona, e dúas logopedas, unha delas a xornada parcial.