Acreditación Erasmus+ para o CEIP de Mesón do Vento

Alumnos do CEIP Mesón do Vento, un centro que logrou o Erasmus+.

Alumnos do CEIP Mesón do Vento, un centro que logrou o Erasmus+.

ECG

O CEIP Mesón do Vento conseguiu a ansiada acreditación Erasmus+ para comezar a facer mobilidades co persoal docente e co alumnado. Na súa solicitude valorouse positivamente a vinculación de toda a súa comunidade educativa (ANPA, Concello de Ordes...) no proxecto e o impacto que pode producir na súa contorna, eminentemente rural. Tamén a estratexia de internacionalización deseñada polo equipo directivo e a formulación de obxectivos por parte do equipo das seccións bilingües do centro, aliñado coas necesidades do mesmo, foron puntos fortes a ter en conta. O centro leva 6 anos inmerso en proxectos europeos na plataforma eTwinning, logrando selos de calidade nacional e europeos e participando nun proxecto de Erasmus+ a través dun consorcio coordinado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia, xunto cos centros da contorna co gallo da mellora na metodoloxía Clil (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras) e o desenvolvemento de programas europeos no centro. Redacción