Síguenos en redes sociales:

Zas aposta pola sostibilidade e a solidariedade coa recollida selectiva de tapóns de plástico

Dende o concello agradecen a colaboración da veciñanza cun acto “tan solidario e que axuda a coidar o noso medio”

Zas aposta pola sostibilidade e a solidariedade coa recollida selectiva de tapóns de plásticoConcello de Zas

O Concello de Zas instalou dous colectores para tapóns de plástico na Praza Jorge Mira Pérez, de Baio, e nas inmediacións do centro sociocultural da capital municipal, que se suman aos ubicados nos tres centros de ensino, nos centros socioculturais e na casa consistorial.

Destacan que ademais de ser unha iniciativa que avoga pola sustentabilidade e o coidado do medio natural, “os tapóns teñen un fin social xa que se destinarán ao colectivo Ayuda a Superar Enfermedades Raras (ASER), que axuda e da soporte financieiro á investigación de enfermidades raras en nenas e nenos”.

Os interesados en colaborar con esta causa solidaria poden depositar nos referidos colectores tapóns de frascos de desodorante, tapas de botes e de tetrabrick e outros tapóns de botellas de plástico.

Dende o Concello de Zas agradecen a colaboración da veciñanza cun acto “tan solidario e que axuda a coidar o noso medio”. Este tipo de colectores tamén se poden atopar en municipios como Carballo, Malpica ou Vimianzo, entre outros.

Pulsa para ver más contenido para ti