EXPOSICIÓN

O Museo do Gravado de Ribeira acolle a mostra da historia da Real Academia de Belas Artes

'Os traballos de Hércules' está integrada por 16 obras orixinais

José López contemplando unha das obras das exposición do Museo do Gravado

José López contemplando unha das obras das exposición do Museo do Gravado / Xunta

J. M. Ramos

O conselleiro de Cultura, José López, convidou a redescubrir a historia da Real Academia Galega de Belas Artes a través da exposición Os traballos de Hércules que acolle o Museo do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira. É unha mostra itinerante de 16 gravados orixinais.

López destacou “a importancia das entidades culturais na preservación da cultura galega”. Nomeadamente, referiuse ao museo de Ribeira e ao destacado labor que fan “recollendo a nosa historia nas artes gráficas”. Neste senso, felicitou tamén á Real Academia Galega de Belas Artes, que inicia con esta proposta a celebración do seu 175 aniversario e gabou “a iniciativa de achegar as súas coleccións a diversos puntos de Galicia”.

Ao acto asistiron tamén a delegada da Xunta, Belén do Campo; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana; o alcalde e presidente da Fundación do Museo de Artes do Gravado, Luis Pérez; e o comisario da exposición, José Ramón Soraluce.