Os campamentos de verán ofrecen este ano 11.200 prazas

Pola esquerda, Cristina Pichel, Fabiola García e o alcalde Luis Oujo / x.

Pola esquerda, Cristina Pichel, Fabiola García e o alcalde Luis Oujo / x. / suso souto

A campaña de verán da Xunta para este ano volve bater todos os récords con máis de 11.200 prazas en campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras propostas, 400 máis que o ano pasado. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García (xunto co alcalde de O Son, Luis Oujo, e a secretaria xeral de Xuventude, Cristina Pichel) deu a coñecer a nova programación estival no campamento xuvenil sonense Virxe de Loreto. Entre as novidades desta edición, que leva por título O verán que sempre vas lembrar, está a incorporación dun novo campamento na Illa de San Simón, en Redondela. Tamén destacou a creación de novos campos de voluntariado en Santa Comba, Viana do Bolo, Pantón e outro compartido entre Vilar de Santos e Allariz, así como un campo de voluntariado específico para mozos galegos no exterior en Castro de Rei. En total, 36 instalacións. Por outra banda, a Xunta ten listo o programa de campos de voluntariado. En total ofreceranse 46, incluídas as 5 quendas en Cíes.