O auditorio da meirande urbe de Ames acollerá a proxección de "As bestas"
O auditorio da casa da cultura do Milladoiro acolle este martes unha nova sesión da iniciativa "Abril de cine"
O auditorio da casa da cultura do Milladoiro acollerá este martesunha nova sesión da iniciativa "Abril de cine", que busca achegar diversas pezas audiovisuais do cine galego e nacional á veciñanza amesá. Desta volta proxectarase a película As bestas, multipremiada na última edición dos Goya. Será ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira web amesá.
Dirixida por Rodrigo Sorogoyen, baséase en feitos reais, e conta como a chegada dunha parella francesa a unha case deshabitada aldea inicia unha disputa veciñal que remata en traxedia.
No filme, Antoine e Olga instálanse no interior de Galicia, onde levan unha vida tranquila a pesar da complicada convivencia cos lugareños, ata que, un día, un conflito cos irmáns Anta pola venda dunhas terras para o parque eólico remata en traxedia.
A película é unha ficción inspirada nunha historia real, a de Martin Verfondern, un holandés que se mudou á aldea de Santoalla xunto coa súa muller, Margot, en 1997. A aldea só estaba habitada por eles e pola familia Rodríguez.
Temas
Más en Área
-
La Semana Verde Abanca va a incluir albóndigas de potro, rapa das bestas y a un niño de 7 años manejando cerdos
-
Dubra esgotará a vía xurídico-administrativa e mobilización social para evitar que instalen un vertedoiro en Niveiro
-
Chequeiras de 30 euros para que 1.330 laracheses aposten polo consumo de proximidade
-
Cee impulsa un plan estratéxico de turismo para posicionarse como un destino sostible e desestacionalizado