Nel Vidal e Andrea Bravo traen para comarca os principais premios dos microrrelatos da RAG

Completaron o podio en adultos Nanda Misa e Mónica Fraga

En xuvenís seguíronlle a moza amesá Mencía Jorge y Beatriz Martínez

En infantís impúxose Ainhóa Valverde, seguida de Arwen Fernández e Mai Lemmen

O reto era presentar obras de menos de duascentas palabras, e houbo algunha de once

De arriba a abaixo, e de esquerda a dereita, Beatriz Martínez, Andrea Bravo, Mencia Jorge , Mónica Fraga, Nel Vidal, Nanda Costas, Mail Lemmen, Ainhoa Valverde e Arwen  Fernández foron os primeiros clasificados nas modalidades xuvenís, de adultos e na terceira fila, a infantil / real academia

De arriba a abaixo, e de esquerda a dereita, Beatriz Martínez, Andrea Bravo, Mencia Jorge , Mónica Fraga, Nel Vidal, Nanda Costas, Mail Lemmen, Ainhoa Valverde e Arwen Fernández foron os primeiros clasificados nas modalidades xuvenís, de adultos e na terceira fila, a infantil / real academia / m. mANTEIGA

O VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa ten gañadores... e cando menos nas seccións de adultos e na xuvenil, os mairandes recoñecementos foron para veciños da comarca compostelá. Así, e co reto que supón reducir as propostas a duascentas palabras, participaron máis dun milleiro de persoas. E na categoría de maiores de 18 impúxose Nel Vidal (Ribeira, 1980), mentras que en adolescentes o triunfo foi para Andrea Bravo López, de Ames, se esquencer que na dos nenos a laureada foi unha nena de Baiona, Ainhoa Valverde.

Ao fío, dende a organización destacan que dous dos tres galardóns da categoría de persoas adultas foron para docentes de Secundaria do mesmo instituto, o IES Rego de Trabe de Culleredo: Nel Vidal, recoñecido co primeiro premio, e Mónica Fraga (A Laracha, 1974 por Zen), co terceiro. Vidal impúxose con Deberes de lingua, un texto de 67 palabras. O seu microrrelato “consegue acompasar o léxico de dous campos semánticos distintos, buscando certa correspondencia entre eles, para reflexionar sobre o que significa compartir a vida”, explican. Foi técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo durante quince anos, presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e director do Culturgal, e na actualidade dedícase á docencia de Lingua Galega e Literatura. Este curso está a impartir aulas no IES Rego de Trabe de Culleredo, casualmente o mesmo centro onde exerce Mónica Fraga Rodríguez.

O segundo galardón de persoas adultas é para a costureira e contacontos Nanda Misa Costas, veciña de Nigrán por A foto. E o terceiro recaeu en Mónica Fraga Rodríguez (A Laracha, 1974), na actualidade veciña de Oleiros, fíxose co terceiro premio na categoría de adultos co relato titulado Zen, que consegue arrincar o sorriso con só 46 palabras. Licenciada en Física, é profesora de Tecnoloxía do mencionado IES Rego de Trabe, do que é a directora. Escribe de cando en vez, sempre por pracer e ás veces por necesidade –di–, cando precisa facer limpeza na cabeza.

Xa na modalidade xuvenil, á que concorreron case catrocentos mozos e mozas entre os 12 e os 17 anos, o xurado premiou as historias de tres mozas de Ames, Vigo e Teo. Andrea Bravo López (Ames, 2009), estudante do IES do Milladoiro, acadou a máxima distinción con Querer, o relato, con só 9 palabras, máis breve dos nove galardoados. O segundo premio é para Mencía Jorge Cabaleiro (Vigo, 2006), alumna do IES Castelao da súa cidade natal, por Perda, un texto de 191 palabras sobre o que vai quedando atrás na vida e a ferida que deixa; e o terceiro para Beatriz Martínez García (Teo, 2006), alumna do IES de Cacheiras, por Cun pouco de azucre, un relato que transmite unha chea de emocións desacougantes en só 85 palabras.

E no que atinxe á categoría infantil, contou coa participación de preto de 200 nenos e nenas de ata 11 anos. Ainhoa Valverde Silva (Baiona, 2012), alumna CPI de Cova Terreña, foi recoñecida co primeiro premio por O meu irmán, de 93 palabras; Arwen Fernández García (Nigrán, 2014), alumna do CEIP Humberto Juanes, recibiu o segundo por O poema, o segundo relato máis curto de todos os distinguidos (11 palabras); e Mai Lemmen (Geldrop, Holanda, 2016), alumna do CEIP Castrelo de Miño, foi recoñecida co terceiro por A gatiña saltarica, de 40 palabras.

Xurado

Os relatos presentados na modalidade de persoas adultas foron valorados polo xurado composto polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e tamén académico de número, Manuel González; a académica de número María Dolores Sánchez Palomino; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a xornalista Rosalía Macías Tarrío. O xurado das modalidades infantil e xuvenil integrárono o académico de número Gonzalo Navaza, a académica correspondente Celia Pereira Porto, a profesora da Universidade de Vigo e secretaria da xunta directiva de PuntoGal, Edita de Lorenzo, e o mestre e escritor Lois Pérez.

As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –dende ordenadores a consolas, oulectores electrónicos de libros– e tamén relacionados coa lectura nun vindeiro acto público