Cacharelas, herbas, sardiñas e... lume!

As sardiñas cotizábanse este venres a sete euros o quilo na praza de abastos de Ribeira

As sardiñas cotizábanse este venres a sete euros o quilo na praza de abastos de Ribeira / suso souto

Redacción

Chega a Noite Meiga, e no ámbito territorial da Área de Santiago quen máis e quen menos ten xa todo preparado para cumprir os tres rituais do lume máxico e purificador: a brasa a punto para asar as sardiñas, a madeira amontoada para prender as cacharelas e as sete herbas de San Xoán en auga para lavar mañá a cara (as do ano pasado queimaranse na fogueira desta medianoite). E foron os concellos os que concederon milleiros de permisos para as fogueiras, e nalgún mesmo houbo colas para recollelos, como no caso de Carballo, onde se autorizaron máis de 700. En Ames, pola súa banda, está previsto que haxa 209 laradas en parcelas privadas do rural e da zona urbana e 20 en espazos públicos, mentras que na capital de Barcala a cifra rondará as 90, cunha a destacar: a que organizará a asociación Negreira Viva no campo da feira, con cea e a gala de Tania Beiras Grupo. Xa no caso de Brión, van ser 150 os lumes de San Xoán que teñan o seu pertinente permiso para facilitar o control, mentras quie en Teo elevaranse a 261 e, en Santa Comba, a 146, según datos trasladados en la mañana de este viernes.

En Rianxo autorizáronse 200; en Porto do Son, 78; na Pobra do Caramiñal, 174; e en Boiro 194 (24 delas en terreos públicos). En Ribeira só se rexistrou unha solicitude (a correspondente ás festas de San Xoán da parroquia de Palmeira), porque este ano só se tiñan que pedir permisos para fogueiras se son para festexos, e non para terreos privados.

Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Montes prevense unhas 250 cacharelas. Ata onte A Estrada encabezaba o ranquin con 108 solicitudes , seguida de Lalín (51) e Silleda (43).

O manoxo das 7 herbas de San Xoán vendíase en Ribeira a 3 € / s. souto

O manoxo das 7 herbas de San Xoán vendíase en Ribeira a 3 € / s. souto / Redacción

En canto ao peixe estrela desta noite, a sardiña, este xoves cotizábase a sete euros o quilo na praza de abastos de Ribeira. “Hai moita, pero non tan boa coma outros anos”, sinalaba unha clienta. A sardiña abunda este ano e, a pesares de xerar unha facturación similar á do ano pasado por estas datas, o certo é que duplicou o seu prezo máximo.

No que vai de ano subastáronse nas dez lonxas do litoral da Área de Santiago nas que se descargaron un total de 1.670.366 quilos de sardiñas, que supuxeron un total de 1.552.883 euros, fronte ós 1,2 millóns de quilos do ano pasado no mesmo período e ós 1,6 millons de euros de recadación. O seu prezo medio baixou na mesma comparativa de 1,36 a 0,93 euros o quilo, pero o importe máximo duplicouse, pasando de 5,20 a 11,15 euros. Esta última cotización rexistrouse o pasado día 5 de xuño na lonxa de Ribeira, pero o que conta é a media; e a media máis alta rexistrouse no que vai de ano na lonxa de Fisterra: a 2,59 € o quilogramo.

As tres potencias na venda desta especie son as lonxas de Ribeira, Portosín e Corcubión, polas que pasaron este ano 969.534 quilos no primeiro caso, 310.453 no segundo e 180.241 no terceiro.

E, no tocante á terceira parte do ritual máxico desta Noite Meiga, o das sete herbas aromáticas (xesta, fiuncho, fento, malva, romeu, San Xoán e Luísa), o manoxo podíase mercar este venres nunha floristería de Ribeira a tres euros.