A patronal de Boiro distribuirá máis de seis mil envases biodegradables a bares e restaurantes

O presidente de ABE na presentación da campaña solidaria  / ABE

O presidente de ABE na presentación da campaña solidaria / ABE / j. m. ramos

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) puxo en marcha unha campaña para fomentar o uso de envases biodegrables na hostalería para os envíos de bebidas e alimentos a domicilio.

Unha iniciativa para a que conta coa colaboración do Concello de Boiro, e que comezou coa distribución de máis de 6.000 envases elaborados con caña de azucre, bambú e papel reciclado. Os socios da patronal que o desexen poden facer a reserva.

O presidente de ABE, Daniel García, asegura que “seguimos apostando polas accións relacionadas co coidado do medio ambiente e a economía circular, e esta é unha delas”.

O obxectivo é concienciar aos socios e á cidadanía “que os pequenos xestos, como utilizar estes envases, redundan nunha mellora substancial do medio ambiente, e tamén melloran a imaxe de marca do tecido empresarial local que se posiciona a prol do coidado do planeta”.

Asemade, a patronal boirense colabora nunha campaña solidaria de recollida de produtos nos seus negocios para Cáritas e Cruz Vermella.