O goberno da Laracha demanda á Xunta melloras e máis profesorado para os centros educativos do municipio
O alcalde e a edil de Ensino trasladáronlle as propostas ao conselleiro de Educación
J. M. Ramos
O alcalde da Laracha, José Manuel López, e a edil delegada da área de Ensino, Patricia Bello, mantiveron unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, para analizar a situación actual dos centros de ensino locais e facerlle chegar as reivindicacións das comunidades educativas.
En relación ao CEIP Otero Pedrayo, os representantes municipais solicitaron ao conselleiro a incorporación dun mestre especialista en pedagoxía terapéutica e outro en audición e linguaxe a tempo completo ante as necesidades que presenta o alumnado no actual curso escolar segundo o informe presentado pola dirección do colexio. Tamén aproveitaron a ocasión para presentarlle a Román Rodríguez o proxecto de acondicionamento dos espazos xunto ao centro de ensino adquiridos polo Concello para mellorar os accesos, crear unha nova entrada principal e habilitar zonas de aparcamento, ademais de incrementar os espazos dotacionais vinculados ao colexio.
No caso do IES Agra de Leborís, tratouse a necesidade de ampliar os espazos educativos para dispoñer dunha maior capacidade e reducir e ratio de alumnos por aula e, así, favorecer unha mellor organización no centro, o aumento na calidade do proceso de aprendizaxe e dar unha máis óptima resposta aos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo. Tamén solicitaron incrementar o número de profesores e abordaron a posibilidade de implantar ciclos formativos na Laracha.
Para o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco reclamaron a construción dun novo local multiusos que poida funcionar tanto de novo comedor escolar, ante o incremento que se está a rexistrar no número de usuarios, como de almacén para atender as necesidades do propio colexio.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- La afición del Obradoiro quiere a Moncho, pero su futuro parece estar lejos de Sar
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- Llegan las primeras despedidas en el Obradoiro tras el descenso
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- Una leyenda del Obradoiro se despide