Fernández Davila gaña o premio Xosé Manuel López Ardeiro de poesía en Negreira
Levará 2.500 euros e a edición de 'Palabras mortas' a cargo de Medulia
Segundo foi Jesús F. Vila Díaz, autor de 'Estanque de tormentas', con 500 €
O Concello de Negreira fallou a edición número doce do premio de poesía Xosé Manuel López Ardeiro, recaendo o primeiro premio en Francisco Fernández Davila, de Panxón, por 'Palabras mortas'. Leva 2.500 euros e a edición da súa obra por Medulia. E o accésit foi para o monfortino Jesús F. Vila Díaz polo poemario 'Estanque de tormentas', recoñecido con 500 euros.
Fernando Castro recibiu o premio García Barros na Estrada e Negreira ultima o de poesía Ardeiro
No acto, amenizado pola cantante Judith Cundíns, tomou a palabra o seu coordinador, Xosé Antonio Ponte Far, que fixo públicos dous poemas do vate de Logrosa inéditos, e que leron dous membros do xurado, os poetas Xulio Valcárcel e Diana Varela. Tamén asistiu o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, departamento que colabora co galardón e gabou o número de obras recibidas, más de medio cento.
Temas
Más en Área
-
Una empresa de Noia transporta un rinoceronte indio desde Polonia hasta Córdoba
-
La oposición tumba los presupuestos de Rianxo, y el alcalde se someterá a una cuestión de confianza
-
La alerta de un guardia civil fuera de servicio permite interceptar a un conductor ebrio en Carballo
-
O rexeitamento a un vertedoiro en Niveiro enche a capital de Val do Dubra co apoio do Concello de Trazo