Escolares de Malpica e Vimianzo fixeron unha visita virtual a Sogama
Suso Souto
Preto de 80 escolares de Primaria do CEIP Milladoiro de Malpica e do CEIP Baíñas de Vimianzo desprazáronse á sede de Sogama en Cerceda para experimentar a visita virtual que a empresa instaurou nas súas dependencias e a través da cal se pode visualizar, con todo luxo de detalle, o tratamento que reciben os residuos municipais procedentes de 295 concellos galegos. Equipados con lentes inmersivos de 360º, os alumnos camiñaron e voaron polas plantas de clasificación de envases, de recuperación de materiais contidos no lixo en masa, de elaboración de combustible, de coxeración e de produción de electricidade a partir da fracción non reciclable. Máis alá da visita virtual, tiveron tamén a oportunidade de xogar coas máquinas Arcade de recollida selectiva e facer un itinerario en autobús polo complexo medioambiental, onde formularon dúbidas e fixeron numerosos comentarios. A experiencia permitiulles seguir o camiño polo que discorre o residuo desde que entra en Sogama ata que sae convertido en recurso.
- Localizan en el río Santa Lucía el cuerpo de vida de un vecino de Teo que desapareció el viernes
- Incautan 114 kilos de navaja y longueirón en O Freixo y Porto do Son
- Muxía recibe el premio a localidad más acogedora de España
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Ames reconfigura as subvencións, despide a Santomil e axudará tamén a inscribir galiñeiros
- Padrón celebra o seu San Xoán de Raio coa comida de confraternidade
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro