Música, obradoiros e artesanía en pro das padronesas con Voces Delas

O alcalde de Padrón, á esquerda, no mercado Voces Delas.

O alcalde de Padrón, á esquerda, no mercado Voces Delas. / CONCELLO

M. M.

O bo tempo acompañou a celebración este sábado do mercado Voces Delas no concello de Padrón. Esta cita, incluída dentro do programa elaborado pola concellería de Igualdade e o CIM para conmemorar o Día Internacional da Muller, contou cunha extraordinaria resposta tanto da veciñanza como dos moitos visitantes que gozaron dunha xornada chea de música, obradoiros e a venda de produtos de artesanía. A concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco, foi a encargada de ler o manifesto institucional e insistiu na “chamada á acción para empoderar ás mulleres de todas as idades e en todos os ámbitos da vida”. A edil afirma que “só con valentía e traballando xuntas poderase lograr un mundo máis inclusivo e equitativo”. “O compromiso debe ser individual, pero tamén colectivo, como sociedade”, engadiu Mariló Saco. Tamén tomaron a palabra Alba, integrante da ONG Aphoteca, e Chus Iglesias, a fundadora da Asociación Paluso. Houbo obradoiros e puxeron a nota musical o Grupo Dalsi e as DJ Riquinha e Bonita&Sabrosa.