Sector primario, mocidade e veciños terán ao seu servizo a antiga reitoral de Montemaior
O Concello da Laracha licitou a reforma integral, orzamentada en 713.000 euros
J. M. Ramos
A antiga casa reitoral da parroquia de Montemaior vai ser transformada polo Concello da Laracha nunha edificación multifuncional para ofrecer á cidadanía un novo espazo que sirva de punto de encontro para a veciñanza, centro de referencia para o sector primario e albergue xuvenil, entre outros usos.
O proxecto da reforma integral está en fase de licitación, sendo o 4 de abril a data límite para a presentación de ofertas. A actuación deseñada por Naos Arquitectura respectará a estrutura do edificio, pero cunha nova distribución. A planta baixa quedará dividida en varias estancias mediante tabiques móbiles que permitirán flexibilizar os espazos. Tamén será recuperada a zona da lareira e crearase unha habitación adaptada.
No primeiro andar habilitaranse seis dormitorios e no exterior, unha zona pública de reunión.
O orzamento do proxecto ascende a 713.000 €, que o Concello financiará integramente co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación.
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Padrón celebra o seu San Xoán de Raio coa comida de confraternidade
- Incautan 244 quilogramos de peixe que excedían o cupo diario dunha embarcación de Porto do Son
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- Melide e Padrón rexeitan unha planta de Greenfiber que afecta aos seus recursos
- La Inspección auditará el IES do Milladoiro para atajar la conflictividad
- Detenido Vidal Padín, 'El Burro', en un operativo vinculado al narcosubmarino 'Poseidón' y a las planeadoras de Ribeira