Reparto amesán de líquido contra as velutinas e Mes do Libro con Charo Pita mais Labraña
Entregaranse cen dosis contras as vespas raíñas, e os interesados poden sumarse á campaña por email ou chamando por teléfono
As presentacións literarias chegarán, respectivamente e cos seus autores, á biblioteca do Milladoiro o día 9 e á de Bertamiráns o 10
O Mes do Libro continúa esta semana en Ames con diversas actividades, como as presentacións de dous libros de literatura infantil: Mambrú volveu da Guerra, de Carlos Labraña, e Valentina nunca calas e o monstro da media cara, de Charo Pita. Ademais, o Concello amesán repartirá este luns cen unidades de líquido atraínte contra as vespas velutinas raíñas.
Os interesados en colaborar na campaña para eliminar vespas poderán solicitar unha destas doses por email (auladanatureza@concellodeames.gal) ou chamando ao número de teléfono 660 004 665, sempre en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Se dispara el número de nidos de avispa velutina retirados, con el 17,5% localizados en la comarca
Respecto de Mambrú volveu da guerra, de Carlos Labraña, presentarase o martes 9 de abril, ás 17.30 horas, na biblioteca do Milladoiro, e alí estará, ademais, o seu autor nun acto dirixido a maiores de 6 anos. Esta obra conta a historia dunha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da súa vila. E Valentina nunca calas e o monstro da media cara, de Charo Pita, chegará o mércores, 10 de abril, tamén coa súa autora ata a biblioteca de Bertamiráns ás 17.30 horas. Neste caso, o acto está dirixido a maiores de 3 anos e a historia fai unha alegación sobre o valor e o poder da palabra para afrontar os medos.
Temas
Más en Área
-
Feiradeza promociona o gando selecto en Lalín do 7 ao 9 de xuño cos mellores exemplares bovinos a concurso
-
Clun e Fefriga unen forzas para formar aos gandeiros do futuro que garantan o relevo xeracional en toda Galicia
-
El PSOE de Santa Comba saca adelante unos presupuestos a la baja por 9,9 millones con la oposición del Partido Popular
-
El alcalde de Ames y la edila de Benestar, convocados para presidir sendas mesas electorales en su municipio