INNOVACIÓN
Impulsan tres novos proxectos desde Lab Barbanza, en Boiro
Os emprendedores optimizarán prácticas no agro e transformarán algas en fertilizantes
Fomentarán o uso de elementos urbanos como soportes publicitarios

O alclade, terceiro pola dereita, cos novos emprendedores de Lab Barbanza / C. Boiro
J. M. Ramos
O espazo coworking Lab Barbanza, de Boiro, acolle tres novos emprendedores que apostan pola tecnoloxía para desenvolver uns innovadores proxectos orientados cara os sectores do agro e do mar, e tamén o da publicidade nos ámbitos urbanos. O alcalde, José Ramón Romero, visitou este mércores o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira para coñecer aos novos coworkers.
Entre estas novas empresas, moi comprometidas coa tecnoloxía, destacan, segundo subliñan desde o Concello de Boiro, unha start up con enfoque tecnolóxico orientado a mellorar os procesos industriais e de cultivo. Mediante un sistema de captura de datos os promotores desta iniciativa conseguen ofrecer solucións innovadoras que permiten integrar a perspectiva sostible optimizando prácticas no agro, na xestión dos recursos hídricos e a conservación de ecosistemas mariños.
Outra das iniciativas vai levar a cabo un proxecto que busca aproveitar as algas que chegan á nosa costa e transformalas para ser utilizadas como, por exemplo, fertilizantes. Un proxecto empresarial de economía circular que busca un uso das algas que se retiran da praia.
A terceira das novas empresas que xa está desenvolvendo a súa actividade no Lab Barbanza busca optimizar o marketing off-line a través da utilización creativa de fachadas, baixos e elementos urbanos como soportes publicitarios.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, deulles a benvida ao espazo e animounos que a aproveiten a oportunidade de poder desenvolver a súa actividade empresarial no centro: “A xeración de emprego é un dos piares fundamentais deste goberno pois consideramos que o crecemento económico dun municipio vén de man das empresas, por iso apostamos pola formación, o emprego e o emprendemento, tres aspectos que se materializan neste centro”.
Estas empresas súmanse a outras que xa viñan desenvolvendo a súa actividade no Lab Barbanza, un espazo coworking que forma parte da Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña. As solicitudes para formar parte do espazo están abertas e poden facerse presentando a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.
Desbroce de vías e camiños
Por outra banda, o Concello informa que, desde a primeira semana de maio, estanse a realizar de xeito progresivo en todas as parroquias as tarefas de desbroce que se levan a cabo dúas veces ano. Priorízanse os lugares nos que pode existir un perigo por motivos de visibilidade de condutores e peóns, así como a prevención de lumes.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro

