SUCESO

Intoxicada unha persoa por inhalación de fume no incendio dunha cociña en Boiro

Foi trasladada polos sanitarios ao Hospital do Barbanza

O lume orixionouse nunha tixola segundo comprobaron os bombeiros

Os bombeiros de Boiro ventilaron a vivenda afectada polo fume

Os bombeiros de Boiro ventilaron a vivenda afectada polo fume / ADC Bombeiros de Boiro

J. M. Ramos

Unha persoa resulta intoxicada pola inhalación de fume no incendio dunha cociña nun domicilio da rúa Francisco del Río Romero, de Boiro. Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron avisados ao redor das 14.00 horas e cando chegaron ao lugar comprobaron que a fonte do fume era unha tixola na que prendeu lume.

A casa estaba ocupada por dúas persoas, sendo trasladada unha delas ao Hospital do Barbanza. Os bombeiros ventilaron a vivenda ata normalizar os datos de CO, xa que o lume fora extinguido por outra persoa que tivo acceso ao domicilio.

No operativo tamén participaron a Policía Local de Boiro, o 061 e voluntarios de Protección Civil.