ESTREA
Costa da Morte homenaxea a Kepa Junquera no Festival de Cans
Bela Fisterra Producións estreou o videoclip adicado ao gran artista vasco
É un proxecto "cheo de emocións e de música", afirma Pepe Formoso

Kepa Junquera xunto a Pepe Formoso, primeiro pola dereita, e outros amigos en Cans / Cedida
J. M. Ramos
A Costa da Morte tamén foi protagonista no Festival del Cans, onde tivo lugar a estrea do videoclip Para Kepa, un proxecto de Bela Fisterra Producións que rende homenaxe ao gran músico vasco Kepa Junquera, quen estivo presente no acto.
Ata Cans viaxaron tamén Fernando Fraga e Nestor Fidalgo para poñer a música en directo; Juan Lesta, creador do videoclip; o poeta fisterrán Modesto Fraga cos seus versos; Pepe Formoso, xerente do Hotel Bela Fisterra, e a familia de Pazos de Merexo.
Formoso asegura que este videoclip "é un proxecto musical cheo de emocións e de música". Lembra que o pasado 28 de abril fixo un ano da volta ao Bela Fisterra de Kepa Junquera, o espazo onde ofreceu o seu último concerto antes de que un ictus cambiase radicalmente a súa vida.
No seu regreso a Fisterra foron "moitos os amigos que se achegaron a velo, sentilo, e darlle todas as apertas que non lle poideramos dar durante moito tempo", subliña Formoso. Entre eles, Fernando Fraga, virtuoso do acordeón de piano, "que nos sorprendeu a todos interpretando unha peza orixinal dedicada, xunto a Nestor Fidalgo á pandeireta: Para Kepa". E ese foi o xermolo deste novo proxecto.

Presentación do videoclip 'Para Kepa' no Festival de Cans / Cedida
Á recepción do artista tamén se sumaron e fixeron a súa aportación artística en forma de escultura Guille Lourido, natural de Corcubión e afincado en Asturias; Alfonso Pato, do Festival de Cans; Xurxo Souto; Antonio Nodar; Sindo Novoa; e a familia do acordeonista Pazos de Merexo, entre outros. "Emocións e emocións que non quixemos que quedarán só nese día", afirma Formoso.
Por iso, co apoio de Juan Lesta, un dos grandes artistas audiovisuais de Galicia "puxémonos mans á obra", engade. O resultado é o videoclip estreado no Festival de Cans e que xa se pode ver nas redes sociais e na canle de YouTube de Bela Fisterra.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
