SUCESO

Rescatan a unha persoa que caeu nun burato na contorna do río Vilacoba en Noia

Foi trasladada ao centro de saúde local para ser atendida das feridas sufridas

Os bombeiros de Boiro colaboraron no rescate

Os bombeiros de Boiro colaboraron no rescate / ADC Bombeiros de Boiro

J. M. Ramos

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro participaron na tarde do xoves nun operativo de rescate dunha persoa que caeu nun burato nas proximidades do río Vilacoba, no concello de Noia.

A persoa xa fora extraída do burato á chegada dos bombeiros polo que a súa intervención consistiu na axuda ao persoal sanitario para mobilizar a padiola e trasladar á persoa ao centro de saúde de Noia.

Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil de Porto do Son e o GES de Noia.

TEMAS