A nova conselleira do Medio Rural ve "probablemente intencionados" os últimos incendios: "Vai no ADN de Galicia"
Nunencontro de coordinación sobre a loita contra a velutina, a conselleira sinalou que "están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?"
A nova conselleira do Medio Rural, María José Gómez, considera que os incendios desta semana rexistrados na comunidade son "probablemente intencionados". "Vai no ADN de Galicia", afirmou.
A preguntas da prensa antes de participar en Santiagonunencontro de coordinación sobre a loita contra a velutina, a conselleira sinalou que "están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?". Remarca sobre uns lumes que "están a evolucionar ben".
La sequía aumenta el riesgo de incendios forestales nocturnos
O peor incendio rexistrado desta semana foi até o momento o de Crecente (Pontevedra), con 170 hectáreas queimadas. En declaracións a Europa Press, o alcalde, Julio César García-Luengo, asegurou que "non hai ningunha dúbida" de que o lume iniciado en tres focos diferentes no municipio "foi intencionado".
Cuestionada sobre a petición de maior estabilidade de persoal laboral fixo descontinuo de loita contra o lume en Galicia, a conselleira respondeu: "Non me chegou esa petición". Lembra que os traballadores con contratos de seis meses van pasar a nove meses en 2026. Esta mesma semana incorporáronse preto dun milleiro para traballar durante sete meses.
No que vai de semana, extinguíronse en Galiciaos incendios de: Crecente, con 170 hectáreas arrasadas; A Fonsagrada, 65 hectáreas; Oímbra, 23,5 hectáreas; así como no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, dúas hectáreas. En total, suman unhas 260 hectáreas calcinadas.
"Levo tres días na Consellería"
Por outra banda, tamén foi preguntada por diferente demandas que lle fan organizacións agrarias respecto do seu novo cargo. "Levo tres días na Consellería, non tiven tempo nin de despachar con todos os directores xerais", indicou Gómez.
Vinte e unha entidades agrarias e forestais da comarca reciben 6.600 € para limpar montes
"Non falei con Unións Agrarias nin me chegou a min ningunha petición, de momento", expresou sobre esta cuestión.
Temas
Más en Galicia
-
El Gobierno rechaza tres parques eólicos en Galicia mientras la Xunta avanza en otro en Outes, Negreira y Mazaricos
-
Se busca pareja de guardeses en A Coruña: así es la atractiva oferta laboral con casa gratis, contrato indefinido y sueldo "interesante"
-
La borrasca se mantiene sobre Galicia: la AEMET activa la alerta amarilla por lluvias y oleaje en el litoral
-
Las protestas contra el “genocidio” en la Franja de Gaza se extienden en la universidad gallega