Santiago acolle un coloquio internacional sobre a historia do arte románico

Santiago pecha hoxe o coloquio internacional "De Conques a Santiago de Compostela. Textos, monumentos, actores”. Organizado polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ten o obxectivo de indagar, á luz dos estudos máis recentes, no desenvolvemento das técnicas de construción e decoración que se coñece como “arte románico”. Algúns dos poñentes desta cita son David Chao Castro e Marta Cendón González, da Universidade de Santiago, entre outros expertos de universidades españolas e francesas.

Mostra de Denís Estévez na Casa do Cabido

O Consorcio de Santiago inaugura esta mañá, a partir das 12.05 horas, a exposición fotográfica do artista plástico Denís Estévez. Baixo o título de Lousas dun mesmo Mundo, trátase dunha mostra que reúne un total de vinte fotografías en branco e negro que invitan á reflexión e á crítica.

No acto de apertura, na Casa do Cabido, acompañarán o fotógrafo a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Charla en la Granell y cine en Filología

María Xosé Domínguez habla hoy (19 horas) en la Fundación Eugenio Granell, dentro del ciclo Mi pieza favorita, un proyecto iniciado en el año 1997 y consiste en seleccionar una pieza, entre todas las que forman parte de las colecciones del citado museo compostelano. Por otro lado, el club CineFilo, de la Facultad de Filología de la USC ofrece hoy en el salón de actos, a las 17 horas, un pase de Los espigadores y la espigadora (2000), película documental de Agnès Varda.

(1928, Ixelles, Bélgica; de 2019, París, Francia), escrita en primera persona y cuyo relato trata la mirada femenina en el cine. Es una actividad gratuita reconocida con un crédito ECTS (es la sigla correspondiente al European Credit Transder System, que se traduce como Sistema Europeo de Transferencia de Créditos).

María Xosé Domínguez. Al lado, Agnès Varda CEDIDAS

O Grupo Histagra acércase ao IES Rosalía de Castro

O IES Rosalía de Castro acolle esta mañá unha presentación do traballo realizado polo Grupo Histagra da USC sobre o pasado de violencia en Galicia, mediante o estudo e a exhumación das fosas de asasinados/as pola violencia franquista. Intervirán Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, ademais de Antonio Míguez Cacho, e Conchi López Sánchez, ambos doutores en Historia pola USC.