Comezan as obras de conservación e mellora na fachada do Pazo de Raxoi
EP
O Consorcio de Santiago iniciou nos últimos días as obras de conservación e mellora da eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi, un proxecto que buscará mellorar as condicións de habitabilidade do edificio que acolle o Concello, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega. Farase a través da renovación de carpinterías e saneado da fachada que dá á praza do Obradoiro.
A intervención realizará un mantemento do estado das pedras da fachada, e busca tamén renovar as carpinterías da cara leste por novas fiestras de madeira que garantan un maior illamento térmico, así como tamén a restauración dos enreixados existentes nos balcóns, a limpeza e consolidación dos elementos escultóricos da fachada e a eliminación e integración dos cables, cámaras e farois da fronte do Pazo.
A obra será realizada en tres tramos diferenciados. O primeiro tramo no que se comezou a traballar é o lado dereito do edificio e posteriormente continuarase cos demais.
O proxecto de mellora enerxética será levado a cabo pola empresa Obras Gallaecia, que foi a adxudicataria da licitación por un importe total de 548.912€, IVE incluído.
Esta mellora continúa a rehabilitación exterior do Pazo de Raxoi logo de que no 2022 se completase a renovación das cubertas e pluviais e no pasado se fixesen tamén intervencións no resto de fachadas.
- Cierra un nuevo local en la 'milla de oro' de Santiago y ya se alquila por 3.500 euros al mes
- Vuelven los conciertos a la azotea de este hotel de Santiago: gastronomía y música para iniciar la cuenta atrás del verano
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- Sin fecha para la residencia de Santiago donada por Amancio Ortega: la Xunta mantiene la previsión de abrirla este mes
- Caamaño asegura que Ángel Facio llega a Santiago para "coger el toro miura que es el CHUS
- Raxoi otorga la licencia para ampliar la gasolinera más barata de Santiago
- Los Reyes que yacen enterrados en la Catedral de Santiago: visitas guiadas al Panteón Real
- Más allá de O Son do Camiño: estos son los festivales que no te puedes perder este verano cerca de Santiago