Borja Verea apoiará a creación dun Conservatorio de Danza

Verea e Constenla, onte, coa Plataforma Conservatorio Danza Compostela

Verea e Constenla, onte, coa Plataforma Conservatorio Danza Compostela / ECG

ECG

Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular en Santiago, mantivo onte unha reunión coa Plataforma Conservatorio Danza Compostela, cos que se comprometeu en que, no caso de acadar a confianza dos veciños de Santiago o vindeiro 28 de maio, apoiará a creación dun Conservatorio de Danza para Santiago, xa que a capital de Galicia dispón de todas as condicións necesarias para albergar unha institución desta envergadura. Apunta que neste momento en Galicia tan só existe un conservatorio de titularidade autonómica destas características na cidade de Lugo, e outro da Deputación da Coruña, que parece que, “a todas luces, resultan insuficientes, polo que se están perdendo grandes oportunidades de captación de talento en Galicia”. Ante a postura de Verea, dende o BNG manifestaron que se congratulan de que “o grupo parlamentar do PP acolla agora a proposta da Plataforma pola creación dun conservatorio profesional de danza en Compostela, dous anos despois de que Goretti Sanmartín defendese esta iniciativa no Concello de Santiago”.