Homenaxe

Jorge Corbacho terá un espazo especial no parque de Bombeiros

Celebración do patrón dos Bombeiros no parque de Santiago / concello

Celebración do patrón dos Bombeiros no parque de Santiago / concello / ecg

ECG

Os Bombeiros de Santiago honraron un ano máis o seu patrón, San Xoán de Deus, cunha misa e cunha posterior recepción presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, á que tamén asistiu o concelleiro responsable do Servizo de extinción de incendios, Sindo Guinarte. Durante a recepción, tanto Sánchez Bugallo como Sindo Guinarte felicitaron aos bombeiros polo seu labor, e tiveron unha lembranza especial para Jorge Corbacho, o primeiro bombeiro falecido en acto de servizo na historia do corpo de bombeiros de Santiago. Está previsto que no novo parque de bombeiros se reserve un espazo co seu nome para manter viva a súa memoria. Guinarte lembrou que con este acto se recuperan as recepcións do día de San Xoán despois da pandemia, e destacou os medios humanos, 51 profesionais, cos que conta o corpo; e tamén os medios materiais, cunha dotación de vehículos, equipos e EPIs, que cualificou como “extraordinaria”. Subliñou tamén que se está avanzando no proxecto de posta en servizo do parque comarcal.