Obras de mellora da instalacióndo Centro Sociocultural de Santa Marta

A Xunta de Goberno local ten previsto adxudicar hoxe ese plan de climatización

Instalaciones del centro sociocultural de Santa Marta

Instalaciones del centro sociocultural de Santa Marta / Concello de Santiago

Redacción

A Xunta de Goberno Local ten previsto adxudicar hoxe as obras de mellora no servizo da instalación de climatización e renovación de aire do Centro Sociocultural de Santa Marta a efectos de eficiencia enerxética e confort interior; que saíran a licitación por un importe de 112.154 euros.

O proxecto contempla, entre outras actuacións, a reforma e calorifugado do sistema de distribución polo conduto exterior existente, incorporando unha rede de condutos novos para a unidade de tratamento de aire; e illando adecuadamente os condutos de chapa actuais que dan servizo á ludoteca. Tamén está prevista a instalación de láminas de protección solar sobre os cerramentos traslúcidos orientados ao sur do edificio; e a instalación dunha nova bomba de calor, de 30 Kw de potencia, conectada en fervenza coa existente co obxecto de dar servizo aos novos emisores.

Tamén está prevista a instalación do sistema compacto Rooftop (un equipo de climatizacíon que serve para climatizar e ventilar un espazo interior pechado, podendo xerar calor ou frío), para “dar servizo exclusivo e independente á sala de usos múltiples. Contempla ademais, a colocación dunha nova unidade de aire UTA (Unidade de Tratamento de Aire) xeral para cinco subsistemas de climatización do edificio”, sinala o Concello.