Coñecendo os barrios de Compostela: un roteiro para descubrir Santiago

Imagen aérea del casco histórico de compostela

Imagen aérea del casco histórico de compostela / Esteban Delaiglesia

Redacción

A Agrupación Cultural O Galo organiza un roteiro do programa Coñecendo os barrios de Compostela, que decorrerá nesta ocasión por San Lázaro, durante o primeiro día da Festa da Uña.

Este roteiro comentado polo arqueólogo Mario César Vila principiará diante do edificio da Dirección Xeral de Defensa do Monte, o próximo venres 24 de marzo de 2023, ás 16:45 horas.

Desde a asociación estase convidando a toda a cidadanía que queira asistir, sendo necesaria inscrición previa para asistir ao mesmo xa que é preciso enviar unha lista cos datos persoais dos asistentes que queiran ver as escavacións do antigo lazareto, situado dentro do edificio da actual Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Con este fin é preciso enviar o nome e os dous apelidos, xunto co número do documento de identificación, antes do martes 21 de marzo ás 23:59 horas, ao enderezo comunicacion@ogalo.gal