Os maiores de 40 soben á pasarela

Ramón M. Costoya, gañador do certame en León, desfilará fóra de concurso

Ramón M. Costoya, gañador do certame en León, desfilará fóra de concurso / CEDIDA

A elegancia, o saber estar e a experiencia que dan os anos son os ingredientes necesarios para poder formar parte do certame Royal Spain Sénior, e tamén os obxectivos da propia organización do concurso que busca homes e mulleres maduras e con estilo para protagonizar campañas publicitarias e desfiles. Unha mostra deste saber estar e desta elegacia poderase ver ás 19 horas no Centro Comercial Área Central, no desfile capitaneado pola Axencia de Modelos Rassim’s no que un total de 25 sénior (sete homes e 18 mulleres) competirán por ser a persoa que mellor desfila. Trátase, segundo Lourdes Iglesias, directora do certame, de “activar a las personas de entre 40 y 60 años para que las descubran los diseñadores, porque contar con este perfil es algo que les cuesta a las marcas”. Iglesias recalca que “este sector olvidado es el que tiene mejor poder adquisitivo y no sólo compran para ellos”.

Tere Fernández concursará esta tarde en Área Central / CEDIDA

Lourdes Iglesias é a directora do certame / CEDIDA / Ana Triñáns

O certame vaise estruturar en tres partes, en primeiro lugar todos os concursantes desfilarán con pantalón vaqueiro axustado e camiseta branca; o segundo pase levarase a cabo con roupa 'casual' e os concursantes serán vestidos polas tendas do centro comercial. “Será importante que sepan defender la ropa que les pongan” aínda que non sexa o seu estilo. O último pase será en traxe de festa, con condicións diferentes para eles e elas: un xastre de Área Central vestirá os varóns, e as mulleres levarán un vestido propio.

Lourdes Iglesias é a directora do certame / CEDIDA

Tere Fernández concursará esta tarde en Área Central / Jesús Prieto / Ana Triñáns

Durante o certame haberá dúas pausas, un intermedio de baile protagonizado por Dolores Mayán, de BSDanza, para darlle tempo aos modelos a prepararse cos seus traxes de festa; e un desfile infantil “con una docena de niños” mentres o xurado delivera. Os gañadores recibirán un 'book' profesional e un contrato con Rassim's e participarán na gran final en Asturias, nunhas xornadas nas que ademais farán un tramo do Camiño primitivo a Santiago.

A experiencia das persoas participantes

Teresa Fernández , Tere, lucense de 54 anos e residente no Milladoiro (Ames), recorda que foi a responsable da axencia Rassims’s, Lourdes Iglesias, “la que me paró cuando paseaba, asegurándome que lo hacía de una forma muy elegante”. Logo diso, a directora do certame díxolle a Tere se quería participar nun desfile de modelos, pero respondeulle que non. Porén, a su familia animouna, “aunque me daba vergüenza” e aínda que non gañou, ofrecéronlle ir á final española de 2022. Agora chega pletórica a Área Central, onde espera o mellor, despois de recoñecer que “quiero disfrutar bien de la experiencia”, e irá vestida da súa deseñadora habitual, Estefanía González, de Badaladas, “con un vestido corto que espero sorprenda”. Tere traballa na xoiaría Isabel Suárez no Novo Milladoiro , e cre moi positivo “demostrar que se puede hacer esto a estas edades y tienes oportunidades que no tuviste de joven y, además, creo que la experiencia revaloriza a la mujer”, afirma con decisión.

Semellantes son as consideracións de Ramón M. Costoya, xoieiro santigués gañador deste certame en León. “El día que me presente al certamen de León, por tercera vez, y salí como ganador, me sentí muy orgulloso, por mí y por mi comunidad” di en relación á súa condición de persoa xorda, “cuando el jurado decidió elegirme como ganador, me emocione muchísimo porque la gente empezó a aplaudirme como aplaudimos las personas sordas” (cos brazos levantados e xirando as mans). Ramón, que tamén é profesor de lingua de signos acode hoxe ao desfile como modelo, non como concursante polo feito de que xa gañou “pero quiero participar para dar visibilidad a todas las personas con discapacidad” afirma e anima a aquelas que sexan xordas “a que participen, nosotros también podemos”. E para disipar as dúbidas nas persoas con disfuncionalidades, Ramón conta que pensou que sería difícil que o admitisen, “no hay muchos modelos sordos, y aprovecho para agradecer a Lourdes su confianza” e tamén pensou nos inconvintes aos que se tería que enfrontar porque segundo conta, “lo más difícil a la hora de desfilar o modelar para una persona sorda es la accesibilidad, la igualdad de información, la comunicación y el no enterarte bien de lo que realmente está sucediendo”. Á vista da súa experiencia no primeiro certame en Santiago e logo en Xixón e León, o máis complexo está superado.