Publicada a lista de idiomas do Centro de Linguas Modernas da USC para o curso 23/24

No Campus de Santiago ofértase alemán, checo, catalán, francés, inglés, italiano e portugués

Alumnos en una clase de idiomas

Alumnos en una clase de idiomas / Douglas Edric Stanley (CC BY-NC-SA 4.0)

Redacción

As persoas que xa posúen coñecementos previos dunha lingua e decidan continuar a súa aprendizaxe no Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago, xa poden formalizar a súa inscrición no correspondente test de nivel. Por outra banda, aquelas persoas que queiran inscribirse no nivel inicial dun dos idiomas ofertados para o vindeiro curso 2023-2024 tamén poden facelo seguindo as directrices das que se informa na páxina web do Centro de Linguas Modernas.

Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus de Santiago; e alemán, francés e inglés, no Campus de Lugo, serán os idiomas ofertados tanto para o persoal e alumnado da institución compostelá, como para calquera persoa maior de 16 anos que opte por estes estudos.

A oferta abrangue cursos semestrais (40 horas presenciais + 10 horas de traballo autónomo do alumnado), anuais (80 horas presenciais + 20 horas de traballo autónomo), semiintensivos (40 horas presenciais + 60 horas de traballo autónomo) e semipresenciais (40 horas presenciais + 60 horas de traballo autónomo).

O requerimento para aprobar estas actividades formativas é contar cunha asistencia ao 80 por cento das horas presenciais e a superación da avaliación continua e final.

Recoméndase que o alumnado se matricule no CLM despois de formalizar a matrícula nos estudos regrados na USC, xa que permite aplicar a tarifa reducida da universidade e simplificar o proceso de introdución de datos persoais.